Burela, 4 de marzo de 2016.- O Concello de Burela recupera a celebración do Día do Xubilado o vindeiro 8 de maio, segundo anunciaron este venres o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero. O programa estase ultimando, pero contará cunha comida de confraternidade e actuacións musicais.
O rexedor manifestou que “decidimos recuperar este día do xubilado xa que cremos que é de xustiza recoñecer o papel dos nosos maiores polo que nos ensinaron, ensinan e seguirán ensinándoos”. O alcalde dixo que “non podemos pasar por alto que nesta brutal crise que estamos a vivir, o papel dos nosos xubilados converteuse aínda máis en fundamental na nosa comunidade autónoma, xa que as súas pensións foron as que sustentaron a moitas familias que non tiñan recursos económicos debido á perda dos seus postos de traballo. En moitos fogares a pensión dos avós ou pais é a única fonte de ingresos”.
Alfredo Llano tamén salientou que “nestes tempos en moitos destes xubilados tamén conflúe na súa persoa o papel de avós e estes están permitindo que moitas familias poidan conciliar a súa vida laboral e familiar. Os avós contribúen de xeito moi importante no desenrolo dos nenos e nenas”.
A edil de Servizos Sociais, Patricia Otero, pola súa banda indicou que “tamén temos que ter en conta que son fonte de sabedoría permitindo dalgunha forma salvagardar e transmitir a nosa cultura ademais de manter os nosos costumes, son fonte tamén de valiosos consellos”. Otero engadiu que “nunca poderemos agradecerlles todo o que fixeron por nós e sobre todo nun momento tan duro como o actual sempre, estaremos en débeda con eles”.
Finalmente a concelleira declarou que “por todo elo e despois de que no anterior mandato de goberno do PP non se celebrara este día, queremos recuperar esta celebración e darlles as grazas aos nosos maiores polo seu papel fundamental na sociedade brindándolles un día de celebración e encontro, un día lúdico e diferente ao seu día a día”.
O Concello de Burela irá concretando as actividades a desenrolar ese día 8 de maio nas vindeiras semanas e avisará do prazo para anotarse en dita celebración.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



