Nota de Prensa
O XV Congreso do PP de Lugo márcase como obxectivo promover o debate interno e aportar ideas para superar a crise
* O candidato á reelección, José Manuel Barreiro, avogou por un partido aberto e en constante renovación, no que se alente o debate de ideas, e se manteña moi próximo á cidadanía
* Salientou a relevancia da ponencia política que, coma o seu propio nome indica, Lugo, a nosa prioridade, aportará algunhas liñas de actuación para que a provincia supere a situación económica na que se atopa
* O Presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo será o encargado de clausurar o cónclave que congregará a preto dun milleiro de persoas
Lugo, a 26 de outubro de 2009.- O Presidente do Partido Popular de Lugo e candidato á reelección José Manuel Barreiro presentou hoxe as liñas básicas que rexirán o XV Congreso da formación política que se celebrará o vindeiro día 31 no auditorio Gustavo Freire, indicando que o obxectivo primordial é “promover o debate interno e aportar ideas ó conxunto da sociedade”.
Neste contexto salientou a importancia da ponencia política que se vai debatir e que versará sobre a situación económica que está a vivir a provincia de Lugo. Coordinada por Jaime Castiñeira e en cuxo relatorio participaron Daniel Vega e Aurora Vila, pretende contribuir a aportar alternativas para buscar cauces que permitan reactivar a actividade económica. “Un proxecto no que temos que implicarnos todos, porque é cousa de todos e interésanos a todos remontar o antes posible esta situación de crise. O título deste informe, “Lugo, a nosa prioridade”, define perfectamente cal é e vai a ser o noso plantexamento”.
Durante a súa comparecencia, Barreiro estivo acompañado polos integrantes da mesa do congreso, que estará presidida por Joaquín García Díez. Agustín Baamonde Díaz será o vicepresidente e María Gómez Pallín, a secretaria. Begoña Gaute, Iria Fernández Álvarez, María Luisa Macia Martínez e Carlos Díaz Bande actuarán como vocais.
García Díez indicou que era “un honor” presidir o encontro e circunscribiu a súa transcendencia no feito de ser o primeiro que se celebra tras os comicios autonómicos. “A celebración deste cónclave é moi importante para a consolidación e asentamento dos cambios e renovacións iniciados, ó tempo que o paso previo para que Lugo conte coa súa Xunta Local, como antesala da organización do Partido na cidade ante as próximas eleccións municipais”, explicou.
FEIJOO, NA CLAUSURA.-
No Congreso, que será clausurado polo Presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, participarán preto dun milleiro de persoas, das que case 800 serán compromisarios (600 elexidos nas diferentes agrupacións locais en función da afiliación e os resultados acadados nas últimas eleccións autonómicas; 145 membros natos, que son os integrantes da xunta directiva provincial e da comisión organizadora do Congreso, e 30 representantes de Novas Xeracións).
José Manuel Barreiro, en calidade de candidato á reelección, iniciou a semana pasada unha ronda de reunións pola provincia, que continuará ata mediados desta, para recabar o respaldo dos compromisarios e explicarlles a liñas básicas do seu proxecto político para o Partido Popular de Lugo.
PROXIMIDADE, EIXO FUNDAMENTAL.-
Neste senso insistiu na súa visión de que a acción política debe fundamentarse na proximidade e na apertura á cidadanía. “Saber escoitar e ser capaces de dar resposta ás demandas que nos plantexan os lucenses”. Ese, segundo dixo, debe ser o principio que rixa o funcionamento do partido e nese contexto “é preciso crear os cauces internos que sexan necesarios para lograr ese obxectivo”.
Así, o proceso de renovación e actualización das xuntas locais debe, na súa opinión, continuar para “asegurarnos de que o noso partido e a súa estructura orgánica está viva”.
No que atinxe á nova executiva, sen dar nomes a maiores do xa confirmado José Manuel Balseiro (que continuará como secretario xeral), Barreiro indicou que nel combinarase renovación e veteranía. “Trátase de que a estructura do comité executivo dé resposta ás inquedanzas dos afiliados e que sexa capaz de aplicar dende as institucións ou dende os máis diversos ámbitos sociais, a línea política que emane das bases polo que adaptaremos o organigrama a ese obxectivo”, explicou.






















O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



