Ribadeo, 8 de marzo de 2016.- A Banda Municipal de Música de Ribadeo acaba de renovar a súa páxina web e ofrecerá o tradicional concerto de Semana Santa o día 20 deste mes, domingo, ás 20:30 horas no Teatro ribadense. Ademais a asociación Amadores da Música celebrará unha asemblea xeral extraordinaria o día 2 de abril para elixir nova xunta directiva.
Amadores da Música anunciou este martes que “despois dun tempo fóra de servizo para renovar e actualizar os contidos, a nosa Banda ten de novo un lugar no ciberespazo. Esta necesaria actualización pretende achegar a información básica sobre o noso colectivo e as súas andainas logo destes anos. A nosa pretensión foi conseguir un deseño áxil, sinxelo e efectivo coa información máis completa posible sobre os concertos, os músicos e músicas que tiveron presenza desde os seus inicios e todas aquelas noticias que teñan relación coa propia Banda e a música que se fai en Ribadeo. A poucos días de rematar o noso mandato como directiva, parécenos apropiado dar a coñecer a todo o público este novo espazo e invitarvos a colaborar con nós neste proxecto que agora actualizamos. Queda moito camiño por facer e é necesario que todos colaboremos, suxerindo contidos, facendo comentarios, corrixindo erros, aportando imaxes,… Queremos que sexa un espazo vivo no que compartir información e no que nos atopemos todos e todas. A dirección da renovada web é www.bandamusicaribadeo.org e nela poderedes encontrar: unha pequena historia da Asociación Amadores da Música, co listado de tódolos directivos desde a súa fundación no 1998 ata os nosos días; unha breve historia da Banda e dos seus directores; unha relación dos músicos e músicas que conforman a plantilla actual; unha relación por cordas de tódolos músicos desde 1992 (ano no que debuta a Banda) ata hoxe; un listado con tódalas actuacións desde 1992; tódolos programas de man dixitalizados que se foron conseguindo desde o seu inicio; fotografías de concertos e de momentos da Banda; blog de noticias; pódense escoitar as gravacións dos 4 discos existentes ao día de hoxe; un espazo onde descargar partituras (aínda que de momento só está exposta a de Da Capo); direccións varias para poder contactar coa asociación e tamén como facerse socio/a;… En fin, todos aqueles contidos que dan razón de ser e de facer da Banda durante todo este tempo. Esperamos cumprir as expectativas de todo o noso público e agardamos as vosas críticas, suxestións e colaboracións para manter vivo este ideal musical e formativo que enorgullece á nosa vila”.
Concerto de Semana Santa
O tradicional concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo terá lugar no Teatro o día 20 deste mes, domingo, ás 20:30 horas. Sobre esta actuación o director da Banda, David Ballester, explicou hoxe que “este ano, como novidade, interpretaremos música de Semana Santa e tamén típica para bandas; teremos unha actuación en dúas partes”. David Ballester engade que “ademais teremos a sorte de contar cunha solista da banda, que é Paula Pérez Conde, quen tocará á súa frauta o Adagietto for flute, de Ted Huggens. Esperamos que toda a xente que estea en Semana Santa por aquí, pola vila de Ribadeo, poida achegarse e gozar do concerto que imos interpretar”.
Por outra parte, o próximo 31 de marzo de 2016 a actual directiva de Amadores da Música remata o seu mandato, segundo o establecido nos estatutos da asociación, “non existindo por parte dos compoñentes actuais intención de presentar unha nova candidatura”, segundo anunciaron. Por ese motivo, convócase asemblea xeral extraordinaria para o día 2 de abril de 2016 ás 20:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas, en segunda, no salón de actos da Casa do Mar cun único punto no orde do día: elección de nova directiva.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



