Na mañá deste martes, notificouselle á Deputación de Lugo os oficios con datas pasadas xa comunicados, segundo transcendeu nos medios de comunicación, ás partes afectadas e, ao parecer, que tamén recolle o auto desta investigación. Ata o día de hoxe, o organismo provincial non tiña recibido ningún tipo de notificación oficial ao respecto.
Coñecida polos medios de comunicación a información que transcende ao respecto do sumario da Operación Pulpo, a Deputación de Lugo comunica:
1.- Ratifícase que ningunha das viaxes que a Deputación de Lugo subvencionou a funcionarios e fillos de funcionarios corresponden ao Goberno progresista, senón ao Goberno do PP. Todas estas viaxes (Euro-Disney, India, Crucero polo Rhin, Arxentina ou Amsterdan, entre outras) son anteriores ao 2006, é dicir, realizáronse durante a etapa do Executivo popular. Polo tanto, é incongruente que se investigue a quen, precisamente, suprimiu estas viaxes no 2007: o anterior Goberno progresista da Deputación de Lugo.
2.- Demóstrase que era público o “Acordo Marco Único para o persoal funcionario da Deputación de Lugo” e o “Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Deputación de Lugo”, onde figuran as axudas do Fondo Social para traballadores desta institución, avaladas pola Lei, ademais de modificacións nas mesmas. Trátanse de axudas que aprobou o Goberno do Partido Popular nos anos 1990 e 1991, que reduciu nun 50% o Goberno progresista (2007-2015) e que voltou a incrementar en setembro de 2015 o Goberno popular de Elena Candia. Polo tanto, é incrongruente que se investigue, precisamente, a quen racionalizou estas axudas ata nun 50% durante os pasados 8 anos.
3.- Non deixa de sorprender que unhas dilixencias, iniciadas no 2013 por unha denuncia da voceira do PP, Elena Candia, que dixo atopar debaixo dunha porta, sobre un presunto caso de acoso laboral entre traballadores dun departamento; derivase nesta investigación xeral. Tamén sorprende que outro anónimo fóra recibido por axentes o 11 de novembro de 2014 e dez días despois se realizase un resistro na Deputación de Lugo.
4.- O departamento de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo avala a legalidade das axudas ao Breogán.
5.- Unha vez máis, a Deputación de Lugo avala a legalidade do Km0, un programa de promoción da provincia, que ofrecía 127 rutas guiadas polos 67 Concellos lucenses, no que colaboraban 125 establecementos e entidades de toda a provincia (hostalería, comercio, artesanía, turismo..) e que contribuía ao mantemento de 3.000 postos de traballo directos e indirectos na provincia de Lugo.
KM0 estaba sometido a rigorosos controis, todos eles superados con nota: as auditorías externas e controis do Ministerio de Administracións Públicas sobre a xestión de Fondos Europeos; ou os controis do Tribunal de Contas e do Consello de Contas sobre as contas e os contratos realizados no marco do Km0. Ata a Xurisdición Contencioso Administrativa avalou a xestión contractual realizada polo Goberno progresista en relación ao Km0, desestimando o recurso contra o contrato de transporte do Km0.
6.- Non deixa de sorprender que, a través doutro anómimo máis, se investigue a oposición da praza de xornalismo, cuxo proceso se axustou, escrupulosamente, á legalidade. A praza convocouse por oposición libre, na que participaron numerosos xornalistas como, por exemplo, membros de gabinetes de comunicación de varios partidos políticos. Os exames incluíron sorteos para a elección dos temas e, inmediatamente despois de cada unha das probas, procedeuse á lectura pública coa presenza de xornalistas e público xeral. A oposición estivo dirixida por un tribunal profesional, independente -con presenza de reputados membros da USC e doutras entidades, así como de todos os anteriores xefes de prensa da Deputación de Lugo na época do Partido Popular- e sen intervención de cargo político algún.
As modificacións da Relación de Postos de Traballo (RPT) teñen que ser aprobadas no Pleno, como así ocorreu cando se aprobou a praza de xornalista xunto a outras hai 7 anos. No Pleno non houbo ningún voto en contra. A RPT tamén foi aprobada previamente pola Mesa Xeral de Negociación coa representación sindical e dos voceiros da Xunta de Persoal e Comité de Empresa. Nunca ningún partido ou opositor impugnou dita RPT, nin a plantilla, nin as bases da oposición publicadas no Boletín Oficial da Provincia, nin os resultados da mesma, nin a xustificación dunha praza de xornalista como existe noutras deputacións galegas e na maioría das administracións.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



