Bruxelas, 22 Marzo 2016. Co obxectivo de afondar no coñecemento da implementación da Política Pesqueira Común (PPC) na Galiza, do martes 29 ao xoves 31 de marzo unha delegación integrada por seis eurodeputados/as da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE) -da cal a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, é suplente para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea- desprazarase á Galiza.
Esta delegación foi asumida pola Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a instancias de Lídia Senra, quen xa no ano 2014[1] realizou a proposta de levar adiante unha supervisión da aplicación da PPC na Galiza, “á vista da preocupante perda de empregos que está a sufrir o sector pesqueiro galego e dos problemas que para o noso País está a xerar o sistema de reparto de cotas”.
A primeira xornada, MARTES 29, transcorrerá na cidade de VIGO, onde as deputadas/os europeas manterán xuntanzas dende as 16.30hrs.[2] con CONXEMAR -Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura-, ARVI -Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo- e ANFACO-CEDOPESCA -Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca-.
O segundo día, MÉRCORES 30, comezará ás 9.00hrs.[3] cunha reunión con ASOAR-ARMEGA -Asociación de Armadores e Artes Menores de Galicia- e xeiteiros en VILAGARCÍA DE AROUSA, onde tamén manterán encontros con mariscadoras da Ría de Pontevedra e Illa de Arousa, e representantes do Consello Regulador do Mexillón, da Comisión do Mexillón e do INTECMAR -Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia-.
Logo desprazaranse a LIRA, onde durante unha hora visitarán as instalacións da controvertida planta de rodaballo da multinacional de orixe norueguesa Stolt Sea Farm. A continuación visitarán a Reserva Mariña Lira-Carnota “Os Miñarzos”.
Os seis eurodeputados/as darán por finalizada esta delegación o XOVES 31 en SANTIAGO DE COMPOSTELA, onde manterán distintas xuntanzas a partir das 09.15hrs.[4] co Comité Executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a Comisión Sectorial do Cerco, ACERGA -Asociación de Armadores do Cerco de Galiza- e a Consellaría de Pesca da Xunta de Galicia.
A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, amosouse satisfeita de que finalmente o Parlamento vaia acudir “a comprobar in situ como un país como o noso, cunha fonda tradición pesqueira, está a loitar non só para manter os postos de traballo do sector, senón tamén para protexer a nosa biodiversidade, valorizar a nosa cultura como pobo pesqueiro e defender o dereito a obter alimentos do mar sans e a través da xente, e non vendendo a nosa costa a cachos ás multinacionais como pretendía facer o Goberno da Xunta ca Lei de Acuicultura que o sector lles obrigou a paralizar”.
Aliás, enfatizou a eurodeputada galega, “xa que a propia UE identifica á Galiza como o principal produtor de mexillón de Europa, por exemplo, e que é consciente de que case o 7% do PIB galego vén da pesca sendo o 80% da nosa flota de pesca artesanal, quixeramos que esta visita serva para sensibilizar máis á Comisión de Pesca para que dunha vez por todas se vexa reflectido no reparto de cotas e outras políticas pesqueiras o xusto recoñecemento que merece Galiza e as nosas xentes do mar neste sector”.
















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



