Lugo, de marzo de 2016.- A Deputada luguesa do PSdeG-PSOE, Margarita Pérez Herraiz, e o Senador Ricardo Varela, anunciaron que os socialistas rexistraron unha Proposición non de Lei no Congreso dos Deputados para reclamar labores de mantemento na N-634 ao seu paso por Barreiros, e a N-642 para que sexa posible a súa utilización nas condicións mínimas que precisa a seguridade”.
A Deputada socialista explica que o tramo de Barreiros-San Cibrao da estrada N-642 soporta diariamente miles de coches cun pésimo estado do firme. Relata que esta infraestrutura é utilizada por centos de mariñáns para o seu desprazamento ao Hospital da Costa en Burela. Ademais sinala que é utilizada como transporte de mercancías, para os eucaliptos que levan a celulosa á localidade asturiana de Navia, ademais dos turistas que visitan esta zona da Mariña.
Pérez Herraiz advirte que o propio Ministerio de Fomento recoñeceu a necesidade dunha reparación integral desta vía, pero critica que “unicamente se realizaron algunhas melloras en 9.2 km”.
Ademais a N-634 que une a cornisa cantábrica con Santiago de Compostela, pasando pola provincia de Lugo, tamén esta en moi mal estado, especialmente, ao seu paso polo Concello de Barreiros. Lamentablemente estes mesmos dias houbo un grave accidente na A-8, ao seu paso por Ribadeo, no que faleceu unha persoa, por iso insiste a deputada “é fundamental mellorar a seguridade nos viais da comarca”, resumiu.


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



