Ribadeo, 1 de abril de 2016. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) reunirá este sábado 2 no hotel O Cabazo, de Ribadeo, aos participantes no proxecto de coñecemento e innovación na Formación Profesional que viaxarán a diversos países europeos. O encontro está previsto para as 11.00 horas.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “este sábado teremos unha reunión previa á mobilidade. Nesta xuntanza entregaráselle a cada participante unha serie de documentación, ademais firmarán o programa formativo que van realizar e o contrato económico, porque estas estadías formativas levan consigo unha axuda para desprazamento, manutención e hospedaxe. Aparte diso farase un reparto de tarefas, porque hai uns obxectivos marcados no proxecto, que neste caso son a formación continua, para persoas en paro e a non formal nos países que se van visitar. Hai unha serie de tarefas, como por exemplo facer unha reportaxe fotográfica e tamén de vídeo para recoller información da estancia”.
Álvaro Doural engadiu que “tamén se falará do seguro, que leva cada participante, no cal entra se hai que facer unha repatriación ou se unha persoa se pon enferma e ten que ir un familiar alí, etcétera. Ademais responderase a todas as dúbidas que teñan os participantes, aínda que algúns dos profesores que van ir a estas estancias formativas xa formaron parte doutros proxectos e xa saben como vai todo isto, pero hai outra xente que é a primeira vez que participa. De feito, unha das prioridades á hora de facer a selección é non ter asistido anteriormente a saídas formativas deste tipo”.
O presidente de APAGA relatou tamén que “se fixeron xa dúas estadías de longa duración, que foron a Italia durante 18 días e a Francia con 17 días, pero neste mes de abril concéntranse as seguintes saídas deste proxecto: a de Estonia, que vai ser do 10 ao 16 deste mes; á República Checa, que será do 12 ao 29; a Croacia, do 17 ao 24; a Portugal, do 18 ao 24; e por último a de Italia, que vai ser do 24 de abril ao 1 de maio. Con isto pecharase este ciclo de saídas, aínda que o proxecto sigue vivo e estase neste momento traballando para pedir unha ampliación porque houbo moita xente que quedou fóra, sen posibilidade de entrar nesta primeira fase. Entón esperamos que nos dean algunha praza máis para poñer en marcha a segunda fase en setembro ou outubro, para o que hai que ter en conta tamén as condicións meteorolóxicas nalgúns países aos que é complexo viaxar en determinadas épocas do ano”.
Curso de diagnose mediante osciloscopio
Tamén na xornada de mañá, sábado, terá lugar no hotel O Cabazo, de Ribadeo, un novo curso de formación continua para socios de APAGA, que neste caso estará dedicado á diagnose mediante osciloscopio. Desenvolverase desde as dez da mañá ata as oito da tarde e contará con 14 participantes. Xa no pasado mes de marzo se celebrou outra fin de semana tecnolóxica, organiza por Apaga, que seguirán en maio e xuño con máis actividade.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



