Celeiro, 3 de abril de 2016.- O colectivo Chilindrín/ACD Penalba presenta as bases para participar no IV Concurso Infantil de debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, que se reproducen a continuación:
1. OBXECTIVO XERAL:
-Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
-Elaborar un debuxo relacionado coa Festa da Merluza do pincho de Celeiro.
2. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2016).
3. CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de Celeiro e coa festa da merluza en particular.
Os debuxos ou murais deberán facerse á man, non valendo o uso do ordenador.
O debuxo ou mural deberá levar o texto: FESTA DA MERLUZA DE CELEIRO.
4. PRAZO:
Os interesados deberán presentar os debuxos antes do día 25-05-2016 inclusive.
Os debuxos deberanse remitir:
-Facendo entrega do mesmo a algún membro da Directiva da ACD PENALBA de Celeiro.
-Por correo postal á seguinte dirección: Almacén nº20 do Muelle sur de Celeiro. CP 27863. Viveiro. Lugo.
Xunto co debuxo que se presente será necesario que o participante cubra a instancia que consta como anexo 1 destas bases, grapando o debuxo á instancia.
5. EXCLUSIÓNS:
Quedarán excluídos todos aqueles debuxos que non cumpran os requisitos esixidos.
6. FORMA DE CONTROL:
A organización do evento asignará un número a cada debuxo e porá o mesmo número á instancia cuberta, separando o DEBUXO presentado da instancia para así garantir a obxetividade do Xurado.
O Xurado terá á súa disposición os debuxos numerados na súa parte traseira e ditará o seu veredicto nomeando gañador a un número o cal identificará ao gañador.
Unha vez dictado o veredicto polo Xurado este comunicará á Organización o número de cartel elexido e a citada procederá a nomear físicamente ao gañador.
7. COMUNICACIÓN DO GAÑADOR:
O gañador comunicarase antes do día 05-06-2016 a través dos medios habituais de comunicación así como directamente ao gañador do concurso.
O Xurado reservase o dereito a declarar deserto o concurso.
8. VALORACIÓN E XURADO:
O xurado estará formado por:
-Presidente da ACD Penalba de Celeiro: Bernardo Fraga Galdo.
-Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro: Lara Fernández Fernández-Noriega.
-Representante da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro: Domingo Rey Seijas.
-Representante de Puerto de Celeiro SA: Eduardo Míguez López.
-Representante do CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro: Vicente Míguez Salgueiro.
-Actúa como Secretaria, con voz e sen voto, a Secretaria da ACD Penalba de Celeiro que levantará acta do acordado: Saray Blanco Canoura.
Valorárase:
-Orixinalidade.
-Estilo.
-Técnica.
-Expresividade artística.
-A relación coa festa a celebrar.
-Todos aqueles datos que o xurado considere oportunos.
9. OBRAS PARTICIPANTES:
-Cada participante poderá presentar un só proxecto.
-Todos os proxectos participantes poderán ser expostos ao público.
-O debuxo gañador quedará en propiedade da ACD PENALBA de Celeiro que se reserva o dereito a ediala e utilizala facendo mención ao autor da mesma.
-O feito de concursar supón a aceptación das bases do concurso.
-O fallo do xurado será inapelable.
10.PREMIO:
Primeiro premio: Material didáctico valorado en 150,00 €.
Segundo premio: Material didáctico valorado en 50,00 €.
Terceiro premio: Material didáctico valorado en 50,00 €.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



