Lugo, 6 de abril de 2016.- A presidenta provincial do PP, Elena Candia, vén de reunirse coa coordinadora de Turismo na executiva provincial, a quiroguesa Rosa Arza, de cara a avanzar na creación dunha Comisión Provincial de Turismo coa finalidade de darlle un pulo ao sector.
Este grupo nacerá coa finalidade de traballar a prol da promoción turística integral da provincia para o que deseñará a súa estratexia en colaboración directa e estreita con todos os representantes do sector.
O paso previo para a creación da Comisión Provincial de Turismo vai ser a convocatoria a semana próxima dunha reunión na que participarán, entre outros, membros da Asociación Provincial de Hostalería, do Consorcio da Ribeira Sacra e da Mancomunidade Lugo Casas Rurais.
Nesa primeira xuntanza Elena Candia explica que se avaliará a situación actual do turismo na provincia ao tempo que se recollerán as opinións, demandas e achegas dos operadores turísticos. A finalidade deste encontro é a de plasmar esas achegas nun documento de traballo que estableza as liñas estratéxicas de promoción turística provincial.
O Partido Popular botará man desa folla de ruta para, en contacto coas administracións competentes na materia e de acordo cos axentes implicados no sector turístico, revitalizar un dos principais polos económicos da provincia de Lugo.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



