O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e a Delegada da Xunta na provincia Raquel Arias, e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, presentaron este venres a “X Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o 17 de abril. Fixérono na Forxa de Faustino e Agustín Iglesias, cunha demostración en vivo da elaboración dun fouciño artesán.
A Deputación de Lugo é a máxima patrocinadora deste cita, pois achega 20.000 euros dos 35.000 euros que en total custa a feira. Campos Conde remarcou que esta colaboración do organismo provincial se enmarca na “nosa aposta por impulsar as potencialidades e singularidades de cada Comarca luguesa, que fan que a nosa provincia sexa única, para xerar riqueza. O traballo dos ferreiros é, sen dúbida algunha, unha das maiores potencialidades e singularidades da Mariña Oriental, que temos que pór en valor para que máis xente nos descubra. E podémolo facer coa organización de actividades como a décima edición da feira que hoxe presentamos, unha cita xa consolidada grazas á imprescindible implicación dos propios ferreiros. Noraboa polo voso traballo”.
Xunto a dita axuda económica, a institución luguesa tamén colabora con esta cita a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), que levará a esta cita unha exposición sobre a historia dos ferreiros de Riotorto. Nas rúas desta localidade, situaranse ducias de paneis informativos. “Podemos presumir do que temos, deste privilexio de conservar un dos oficios artesanais máis tradicional, como é o dos ferreiros, e que goza dunha alta reputación pola calidade das ferramentas de corte”, engadiu o Presidente.
O Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias agradeceu a todas as institucións o seu compromiso con esta Feira dixo que “é un aposta fundamental para apoiar este sector e unha forma de dinamizar o rural”, remarcou.
A familia Villado, tres xeracións de ferreiros
A apertura da X edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto comezará o 17 de abril, ás 11.00 horas. Participarán 25 ferreiros dos municipios de Riotorto, Santiago de Compostela, O Corgo, Os Oscos e Navarra. O ferreiro de máis idade que asiste a esta Feira é Eduardo Villado, que conta con 85 anos, e o mais novo será o seu neto, Óscar Villado de 33 anos, que forma parte xa da terceira xeración de ferreiros.
Programación
Tras a apertura da Feira, a partir das 11.30 horas, haberá demostracións de oficios, como pirogravado, alfarería, tear e torneado de madeira. Ás 12.00 será a inauguración oficial da Feira coa lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do xornalista e produtor galego de Riotorto, José María Besteiro. Máis tarde, haberá novas demostracións en vivo da artesanía do ferro, con ferreiros de Riotorto, do Corgo, o ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl, Alberto Leis de Santiago de Compostela, e ferreiros do Centro de Interpretación de la Forja de Navarra. Ademais, Antonio de Montouto de Baleira realizará un obradoiro do carbón vexetal. A música correrá a cargo do cantante pontevedrés Roi Casal e a súa banda. Os gaiteiros de Riotorto tampouco faltarán a esta cita, amenizando as rúas da vila. Esta edición tamén contará con obradoiros de ferro infantís, animación itinerante e maxia co Mago Deimi.
Os ferreiros de Riotorto
A Feira da Artesanía do Ferro xurde no ano 2007 como unha iniciativa da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto. O obxectivo desta asociación é darlle pulo e recoñecemento ao oficio do ferro en Riotorto, xa que este Concello conta cunha longa tradición de familias de ferreiros, moas e mazos situados, principalmente, nas parroquias de Riotorto e Ferreiravella. No concello de Riotorto consérvanse dous mazos: o de Bastián en Espasande de Baixo e o da Fraga en Ferreiravella. Outro mazo foi o do Mazo de Ferreiravella, chamado mazo de Abaixo ou de Chavarría, que foi desfeito na década dos oitenta e transformado en cabana. Estes mazos, xunto con moas, muíños, centrais, etc… constitúen o centro ferreiro máis importante do Norte da Península, sumando un total de 46 artiluxios situados no curso do río de Ferreiravella, entre a parroquia deste nome e a de Espasande de Baixo: os dous mazos xa citados, 5 muíños, unha central hidráulica e 38 moas hidráulicas.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



