A partir do mes de abril a Federación de nais e pais de centros públicos da provincia de Lugo (FAPACEL) en colaboración coa Asociación contra a violencia de xénero SÍ HAI SAÍDA van poñer en marcha o programa “Teño unha amiga que…” para traballar coas ANPAS da provincia, chamar a súa atención e informalas sobre a violencia de xénero.
Dende esta Federación de ANPAS pensamos que a sociedade do século XXI precisa unha contorna de IGUALDADE na que cada persoa que a integra poida desenvolver as súas facultades en toda a súa extensión; buscar a harmonía e a convivencia pacífica permítenos desenvolvernos como persoas. É unha esixencia perentoria, por tanto, observar unha actitude de respecto absoluto cara ás persoas coas que convivimos. Unha situación de sometemento ou de violencia impide este desenvolvemento; a violencia de xénero é unha secuela que debemos erradicar. Só un maior nivel cultural de respecto aos dereitos de todas as persoas polo feito de selo, sendo todos distintos como somos, e respectando as nosas diferenzas, permitirá que a sociedade avance.
ACTIVIDADES:
Trátase de ofertar as ANPAS charlas-coloquio e talleres para traballar por un lado co alumnado, para o que se pedirá a colaboración ao profesorado do centro, e por outro coas familias pois pensamos que é aquí na familia onde temos que poñer o primeiro chanzo para mudar este modelo de sociedade no que o home está por riba da muller.
Na educación, dende a escola e a familia, ten que mudar a concepción que temos da muller de forma radical.
Sabemos que é unha tarefa longa e complicada pero que temos que comezala dende xa. As nosas fillas, e os nosos fillos, serán as primeiras beneficiadas.
DESTINATARIOS
ANPAS, nais e pais e alumnado de centros educativos de toda a provincia de Lugo de tódos os niveis de ensino non universitario.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



