Burela, a 8 de abril de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela manifestou este venres que “este goberno socialista é moi dado a facer política clientelar e de certa amenaza coas asociacións, porque agora recuperan algunhas subvencións nominativase e as outras usaranas, como xa fixeron, coas asociacións e colectivos que se pleguen ós seus intereses, entre outros, que os colectivos e asociacións lles faigan o traballo e eles que rasquen o bandullo”.
Os populares din que “nos presupostos aparecen 161.000’00€ para subvencións, dos que hai que sacar 22.500’00€ que están mal incluidos, porque son para asuntos de servicios sociales que co PP estaban noutro capítulo. Polo tanto, realmente, para asociacións e colectivos hai 138.500’00€., dos que aparecen 91.150’00€ distribuidos entre dez asociacións. Así que para o resto das cincuenta asociacións que hai en Burela quedan 47.350’00€, que son os que repartirán en réxime de concurrencia competitiva, é decir, daránllelos a aqueles colectivos que lles faigan o traballo”.
Segundo o PP, “se agora hai 138.500’00€ para subvencións para colectivos, en 2015, co goberno do PP, houbo 152.000’00€, ou sexa, 13.500’00€ máis, un 10% máis”.
“Para nós, indican os populares, queda claro que esto é unha cantamañanada política, porque se fartaron que o goberno do PP sólo daba subvencións nominativas e eso era de dudosa legalidade. E resulta que o que antes era malo co PP, ahora é bon co PSOE. No pleno pedímoslles en varias ocasións que nos dixeran os motivos de por qué unhas asociacións levaban subvencións nominativas e outras non, e nos dixeron que era cousa de ‘encadre’, suponemos que para ‘encadrar’ ós amigos, porque outra razón non parece haber”.
Noutro orde de cousas, desde o PP manifestan a súa “oposición ó incremento dos prezos das entradas ó Barco Museo. Pasan de 3’00€ a 5’00€ para adultos, o que supón un incremento do 66%, un par de cafés. Elimínanse as bonifiacións para pensionistas, e se antes só pagaban os nenos a partires de doce anos, agora terán que pagar a partires de oito e por riba o dobre”.
“Se se quería autofinanciar o Barco, que nunca se autofinanciou, desde logo non se vai a lograr, porque o impacto deste incemento na recaudación do Barco, segundo o propio PSOE, será de 2.500’00€ ano. Para eso, non facía falta esta subida que nin resolve o problema da autofinanciación do Barco Museo nin vai axudar a poñelo máis en valor; máis ben se pode conseguir o efecto contrario, que a xente non suba ó barco e o vexa desde o muelle”.
Finalmente, o GMP votou a favor do recoñecemento extraxudicial de créditos, cun importe de algo máis de 63.000’00€, facturas correspondentes ó ano pasado que por diversos motivos hai que pagar agora. Para os populares, “esta é unha figura legal que usan tódolos goberno municipáis, e que nós tamén a temos usado; o importante é que os proveedores cobren, e por eso nós non fixemos ningún panfleto criticando ó actual goberno de gastar de máis ou ser manirrotos, cousa que eles facían sistemáticamente cando o goberno do PP presentaba un expediente destes. Nós actuamos como grupo político que, estando agora na oposición, tivo capacidade de goberno e segue tendo vocación de goberno”.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



