Foz, 12 de abril de 2016.- No pleno do pasado xoves 7 de abril puidemos asistir a un novo esperpento perpetrado polo PP de Foz, neste caso materializado na proposta de rescisión de mutuo acordo do contrato con Gestagua para tratar de solucionar o problema da suposta débeda de máis de un millón de euros, proposta que recibiu os votos en contra das concelleiras do BNG.
A primeira aberración foi incluír este punto na orde do día sen telo tratado previamente en comisión por falta de documentación. Dita documentación, “un informe de secretaría e outro de intervención que non teñen desperdicio ningún, non nos foi entregada ata o mesmo xoves pola mañá, incumprindo o prazo legal de 48 horas e sen tempo material para estudala como se merece,” segundo denuncian as concelleiras nacionalistas.
Lorena Seivane e Teresa Rego destacan que tanto o informe de secretaría como o de intervención sinalan que “as magnitudes económicas e conceptos que se inclúen na proposta para determinados apartados non poden ser acreditadas como certas […], posto que corresponden a datos que en todo caso posúe o concesionario e non o concello”. Quere isto dicir que cando Gestagua fala dun millón de euros de débeda non achega ningún tipo de documentación, contas, facturas ou libros que avalen esa cifra.
Dentro desa débeda, a concesionaria pretendía incluír os recibos impagados dos últimos 24 anos, mais como sinala o interventor no seu informe “é evidente que o pagamento ou non dos recibos por parte dos usuarios do servizo é un dos conceptos que se deben incluír dentro do risco e ventura ao que está sometido o contrato e que debe recaer sobre o contratista e non sobre o concello”.
Por outro lado, Seivane e Rego denuncian, como se indica tamén nos informes técnicos, que Gestagua se encarga, sen base legal, de recaudar para o concello a basura, o saneamento, a depuración e o canon de abastecemento, ingresos que deben reverter de inmediato nas arcas municipais, mais que a concesionaria leva desde o 5 de maio de 2015, é dicir, case un ano, sen aboar. Quen lle debe a quen entón?
Tampouco podemos esquecer, segundo sinalan as nacionalistas, que ambos informes destacan que “as causas e razóns expostas de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a permanencia do contrato, que como se vén de sinalar é un dos requisitos imprescindibles para poder resolver de mutuo acordo, que se expoñen nos parágrafos anteriores poden cualificarse en todo caso como xenéricas e pouco desenvolvidas” e que non queda claro que non haxa outras razóns, imputables ao contratista, para querer rescindir este contrato.
Finalmente, o informe de secretaría remata de forma contundente dicindo que a falta de información rigorosa “inclinan al que suscribe a considerar la propuesta de Alcaldía como no adecuada a la legislación vigente”. Polo tanto o BNG non pode apoiar esta proposta, xa que o que nunca vai conseguir o PP de Foz é situar ao BNG na ilegadade.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



