Ribadeo acolle o XX Torneo Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica, no que colabora a Fundación Imdecum, este sábado 16 de abril a partir das 17.00 horas.
A competición comezará coa exhibición de conxuntos da categoría baby. E, inmediatamente despois, desenvolverase xa a competición da modalidade de conxuntos promoción das categorías pre-benxamín, benxamín, alevín (cordas), infantil (mazas), cadete (pelotas e cintas).
A competición individual de iniciación dará comezo despois das 18.00 horas coa categoría pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil (corda, aro e pelota), cadete (aro) e sénior (aro).
Xa despois das sete, desenvolverase a competición oficial de base das categorías alevín (aro), infantil (corda) e sénior (mazas).
Antes da entrega de premios, prevista para as 20.20 horas, desenvolverase a competición individual promoción das categorías alevín, infantil, cadete e sénior.
O torneo ribadense recibirá a ximnastas de toda a comarca e tamén do occidente asturiano e do resto da provincia que incluso ofrecerán exhibicións entre as coreografías da competición.