Lugo, 15 de abril 2016.- A Secretaría Xeral para o Deporte ven de destinar 40.711 euros a financiar o desenvolvemento de actividades deportivas por parte de 31 clubs e agrupacións da Mariña lucense.
Así o explicou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, que afirmou que estas actuacións de fomento do deporte axudan ás entidades deportivas “a funcionar e acometer as súas actividades de forma máis operativa, a medrar e fortalecerse”.
As subvencións outorgáronse a clubs de 11 disciplinas deportivas diferentes, se ben máis da metade dos beneficiarios -20 en total- son equipos de fútbol e fútbol sala. As entidades deportivas proceden de Barreiros, A Pontenova, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro e Xove.
No conxunto da provincia, as axudas suman 203.778 euros e financian a 116 clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares.
Raquel Arias destacou que se trata de subvencións de concorrencia non competitiva, de forma que se outorgan a todos os solicitantes que cumpren os requisitos establecidos. Neste caso, é preciso que a entidade estea inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte e que estea dada de alta nas aplicacións tecnolóxicas de promoción dunha vida activa e saudable vinculadas co Plan Galicia Saudable.
A este respecto, a delegada lembrou que o programa Galicia Saudable do Goberno galego ten carácter transversal e multidisciplinar, e persegue a promoción da actividade física e deportiva como ferramenta de saúde e calidade de vida da poboación.





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
