O CD Burela FS Pescados Rubén cruzou o norte español este xoves para medirse ao Gironella FS este sábado a partir das 17.30 horas, na 24ª xornada de Primeira RFEF. “Suponse que somos favoritas pero cada partido é un mundo. Temos baixas e algunhas chegamos sen estar ao cento por cento, pero debemos sacar o partido adiante para seguir pelexando por todo” advertía a capitá laranxa Maite, que viaxou a terras catalás sen adestrar durante a semana por un proceso catarral; tampouco estará en plenitude de facultades Gaby, que aínda arrastra molestias de xeonllo. Lara e Jozi, lesionadas, quedaron en Burela.
Mocidade, rapidez e atrevemento son para Maite as grandes bazas do rival catalán, que ocupa a undécima praza (26 puntos), ao que as laranxas se impuxeron en Vista Alegre por 5-1. “Espero un partido similar ao da primeira volta. Esperarannos en media pista e subirán a liña de presión aos poucos. Ten xogadoras novas e rápidas, que en Burela xa foron atrevidas por momentos. Pódennos facer dano á contra coa súa rapidez, aínda que nós tamén temos xogadoras rápidas e non temos preguiza para o repregue” explicaba unha das referencias de solidez no equipo de Lucas en vésperas da 24ª xornada, confesando ademais a súa satisfacción co rendemento da tempada: “Estou moi ben, nun bo momento físico, con bastante forza e bastante confianza; cada vez está máis preto o gran partido con Navalcarnero e iso tamén axuda” recoñecía entre risas a 17 laranxa, que xa computa na súa cuadrícula goleadora 11 tantos.
O equipo de Lucas realizará a última sesión da semana esta tarde no seu destino, ás 17.00 horas.
No cume clasificatorio, o Atlético de Madrid Navalcarnero, que mantén a vantaxe de 2 puntos sobre as mariñás, recibe o Poio Pescamar, décimo (27 puntos).
CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva.





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
