O culebrón dos pactos e as apostas sobre si haberá ou non eleccións estase poñendo cansino. E hora de facer un apunte intelixente para sacarnos deste vivir embobado, pasar dos políticos, deixar de comerse o tarro con tanto figurín que nos conta o seu cada día e dedicar ese tempo a ler un libro, escoitar música, ir ao cine ou de paseo. A continuación, e si o pensamos mellor quizás os nosos miolos apuntenos outro argumento interesante en relación co parón lexislativo, non necesitamos máis leis, temos moitas leis, demasiadas leis. Canta razón. Demasiadas leis para que cumpramos os cidadáns e ante as que se blindan os políticos que as impoñen.
A coherencia na mensaxe de transparencia e firme loita contra a corrupción do Partido Popular volveu a quedar clariña como auga de fonte coa súa negativa a suprimir os aforamientos dos parlamentarios, non queren que os tribunais ordinarios xulguen aos seus corruptos, de feito non queren que os xulgue ninguén, para iso limitaron aos xuíces os prazos de instrución dos sumarios, quitándolles tempo de solicitar probas. Delinquen e blindanse ante a Xustiza, para esta tropa o Estado de Dereito é imaxinario. Dan de baixa na afiliación aos seus presuntos para afastar o estigma do partido pero déixanos nos seus cargos. Xenio e figura r coa man no trapicheo ata o último minuto.
Faladoiros, entrevistas, noticias de última hora, rodas de prensa, vaia panorama, que culebrón, miseria cultural, canto parloteo insulso para desperdiciar o tempo das nosas vidas. Calqueira pestañeo dun servidor público parece motivo de extensa análise e controversia. Por sorte levamos máis de cen días sen un goberno que ía directo a liquidar os dereitos cidadáns restantes, aínda que é certo que agora pagamos a uns interinos que se negan a darnos explicacións mentres dedican todas as súas enerxías a entorpecer a formación de novo goberno, a intentar sacar limpos aos seus cofrades, ou a manipular noticias sobre a oposición para fornecer argumentos que difundan os seus pacientes e fieis seguidores.
Volvendo ao principio, chega o bo tempo e a natureza esperta, é tempo de pasear o corpo e o espírito por mellores lares, de airear a mente e cavilar proxectos de goce festivo. Xa nos contaran o fin si ou si antes do verán.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



