Lugo, 22 de abril de 2016.- O Deputado de Innovación e TIC’s, Participación cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, acompañado de diversas autoridades, participou este venres na inauguración do XXVIII Edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía que organiza esta Sociedade Galega. Alí anunciou que a Deputación “duplicará ás actividades formativas para fomentar e potenciar o envellecemento activo dos nosos maiores, polos 67 concellos da provincia para favorecer o reequilibrio territorial”.
Rivera Capón sinalou, na súa intervención, que trala aprobación dos orzamentos da Deputación “constatase que apostamos claramente polas políticas sociais cun investimento para os 67 Concellos da provincia de Lugo de 11,2 millóns de euros. Investimos en Axudas ao Fogar, no servizo de Teleasistencia e na rede propia de residencias que promovemos dende a Deputación.
Dixo que dende a Deputación “vamos a seguir coidando dos nosos maiores e serán sempre unha prioridade na acción deste Goberno, por iso estamos creando una rede pública de residencias e centros de día en concellos lucenses, nas que xa investimos en solitario máis de 12 millóns de euros de fondos provinciais”.
Lembrou que Galicia “é unha das comunidades autónomas mais envellecidas do mundo, con áreas xeográficas de Lugo e Ourense con índices de envellecemento, do 24 ao 32 por cento. Por iso o que pretendemos con este Congreso é traballar na búsqueda dunha maior calidade de vida deste colectivo tan maioritario na nosa Comunidade”.
O Deputado remarcou que hoxe en día é fundamental apostar pola cooperación, polo entendemento, e pola cooperación entre as administracións e colectivos de profesionais para, poder dar respostas ás necesidades dos veciños.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, quen se mostrou orgullosa de que a cidade acolla a 28 edición deste congreso de ámbito internacional, subliñou o compromiso do Concello cos seus maiores. Neste senso, a edil lembrou o gran abano de servizos que lles ofrece a entidade local, que pasan principalmente polo servizo de axuda e xantar no fogar, o centro de dia Antonio Gandoy e un completo programa de actividades de animación sociocultural nos centros sociais da cidade e do rural.
“Os nosos maiores, ao igual que as persoas máis vulnerables, son prioritarias na nosa acción de Goberno, sendo os servizos sociais o piar fundamental da nosa política, para os que destinamos o 21% do orzmento total do 2016”, asegurou González Abelleira, quen afirmou que o Concello seguirá prestando un servizo digno e de calidade aos maiores e seguirá adaptando os recursos á realidade social da cidade, na que o 20% da poboación é maior de 65 anos.
Proxectos de alfabetización dixital no adulto
O Deputado de Innovación e TIC’s, Participación cidadá e Transparencia Pablo Rivera interveu neste Congreso cunha ponencia baixo o titulo “Proxectos de alfabetización dixital no adulto maior”, onde detallou o programa que leva adiante o organismo provincial.
Rivera Capón explicou as actividades enmarcadas no marco das accións de promoción da autonomía persoal que xestiona a Fundación TIC. “Por unha banda promovese a autonomía persoal dos maiores da provincia en base a novas tecnoloxías de información e comunicación, utilizando tecnoloxías como o iPad tipo tablet, ou introducir ou Wii Fit dispositivos Kinect que permiten a interacción con eles dunha forma agradable”.
Tamén se ofertan servizos para obter unha maior estimulación cognitiva con talleres de memoria, ou para estimular os seus sentidos a través de exercicios co dispositivo electrónico e mellorar as súas capacidades cognitivas. E por último servizos de estimulación funcional para maiores: ximnasia, coas tecnoloxías do tipo Kinect, Wii Fit, etc., o que permitiu a estimulación funcional e motora dos nosos maiores.
Liñas de acción
As liñas de acción para a promoción da autonomía persoal das persoas maiores realizáronse a través de diferentes programas como por exemplo:
Senior TIC formación en novas tecnoloxías co obxectivo de achegar as TIC para toda a provincia. Nutretic, uso lúdico e dinámico das novas tecnoloxías de información e comunicación na implantación da educación nutricional para as persoas maiores. Memoria Digital TIC Tac, un proxecto concibido para dar a coñecer e sensibilizar ao avance das novas tecnoloxías aplicadas á memoria histórica, especialmente no caso dos que residen na zona Rural. Abertic Mayores, a campaña consistente en sesións de xogo para persoas maiores en toda a provincia nas instalacións da sede da Fundación TIC
Camiña coas TIC, promover hábitos deportivos , envellecemento saudable e promover o exercicio físico entre as persoas maiores , co uso de dispositivos tecnolóxicos como podómetros.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



