Lugo, 22 de abril de 2016.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o Director Territorial de ABANCA de Lugo, Walter Álvarez Álvarez, formalizou este venres 15 convenios de patrocinio do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de Galicia 2015/2016 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos de Lugo e a súa área de influencia.
En total, a sinatura deste venres supón un investimento de 285.647,36 euros que irán destinados aos seguintes equipos galegos:
Lucus Caixa Rural Galega, Atletismo Feminino, 1.155,08€
Club Baloncesto Breogán S.A.D., Baloncesto Masculino, 32.919,67€
Club Porta XI C.B., Baloncesto Feminino, 33.728,51€
Milesios Bowling Club, Bowling Masculino, 1.570,91€
Club Peluquería Mixta Friol, Fútbol Feminino, 16.296,59€
S. C. D. Milagrosa, Fútbol Feminino, 19.212,10€
C.D. Burela F.S., Fútbol Sala Masculino, 40.707,68€
C.D. Burela F.S., Fútbol Sala Feminino, 32.994,72€
Prone Lugo A.D., Fútbol Sala Masculino, 33.809,44€
Club de Hockey Femenino Meigas, Hóckey Liña Feminino, 8.750,04€
Club Patíns Lóstregos Lucus, Hóckey Liña Feminino, 4.080,68€
Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial, Tríatlon Masculino, 13.162,38€
Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial, Tríatlon Feminino, 9.079,05€
Club Emevé, Voleibol Masculino, 17.048,59€
Club Emevé, Voleibol Feminino, 21.131,92€
O plan de patrocinio dos equipos de alta competición
Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, ao igual ca na tempada pasada, tendo por destinatarios a un total 132 equipos galegos, esto é un 19% máis ca na tempada 2014/2015. Neste orzamento, ABANCA, patrocinadora oficial do Plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.
Dende os seus inicios na tempada 2009/2010, o Plan ten investido preto de 15.000.000 de euros nos equipos de alta competición de Galicia, mostrando a súa efectividade tanto no xenérico número de equipos apoiados (132 na presente edición fronte aos 111 do ano 2015 e os 89 da primeira edición do Plan no ano 2009), como especialmente no tocante ao deporte feminino: 28 equipos na tempada 2009/2010, 46 equipos na tempada pasada e 54 na actual campaña.
Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos. Incorpóranse tamén por primeira vez nesta edición do Plan os equipos que participan na máxima competición en sistema de liga regular de ámbito estatal da categoría previa á absoluta.
Como vén sendo a tónica habitual deste programa, a presente edición patrocina equipos de distintas especialidades deportivas, o que reflicte o estado de forma do deporte de alta competición en Galicia: Atletismo (6), bádminton (2), baloncesto (10) e baloncesto en cadeira de rodas (3), balonmán (10), béisbol (4), bolos (2), ciclismo (7), esgrima (3), fútbol (20) e fútbol sala (12), halterofilia (4), hóckey liña (2), hóckey a patíns (2), kaiak polo (4), piragüismo en pista (10), traíñas (2), rugby (3), tenis de mesa (14), tríatlon (5) e voleibol (7).
Este Plan de patrocinio supón un moi destacado pulo para a presenza do Deporte galego no máis alto nivel competitivo, a nivel nacional e internacional, das distintas modalidades deportivas comprendidas nel, garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas destas especialidades, á vez que se reforza a presenza da marca DEPORTE GALEGO nas competicións deportivas ás que acoden os equipos patrocinados. Coa incorporación o ano pasado de ABANCA como patrocinadora oficial, o Plan logrou potenciar a súa presenza e operatividade, potenciándose a base dos equipos patrocinados, chegando neste exercicio con este patrocinio a máis de 18.000 deportistas dos cales máis de 14.000 corresponden ás categorías base destas entidades deportivas.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
