Lugo, 25 de abril de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular interésase de novo en pleno, ante a falta de actuación do Goberno socialista presidido por Darío Campos, polos convenios pendentes de aboar a concellos da provincia.
En concreto, os populares rexistraron unha pregunta para a súa resposta na próxima sesión plenaria deste martes a través da que interpelan ao presidente socialista sobre cando teñen previsto aprobar as contas xustificativas presentadas polos concellos e o aboamento dos anticipos solicitados polas administracións locais.
O Grupo Provincial do Partido Popular consultou ata noutras dúas ocasións en pleno polo pagamento destes anticipos dos convenios aprobados en xuntas de goberno do 25 de setembro e do 2 e do 6 de outubro de 2015. A voceira dos populares, Elena Candia, úrxelle a Darío Campos que deixe de “paralizar” a institución e aboe aos concellos as contías pendentes que lles corresponden para que podan levar a cabo as obras e servizos básicos para os seus veciños e veciñas.
A popular lembra que se trata de convenios que responden a servizos tan básicos e necesarios como os de infraestruturas viarias ou os sociais e que se desenvolven en municipios esquecidos durante dúas lexislaturas polos gobernos socialistas e nacionalistas na Deputación de Lugo. Trátase de convenios asinados polo Goberno Popular na Deputación e que intentaron poñerlle fin a anos dun reparto sectario dos fondos públicos e dos que “agora quere presumir o actual responsable socialista da institución, cando nin tan sequera tramitou as contas xustificativas nin aprobou os anticipos de conta”.
Por último, a voceira dos populares lembra que foi o Grupo que ela representa o que logrou que se continúe con estes convenios plurianuais nos orzamentos de 2016, pero “é moi necesario que se paguen os anticipos para que os concellos podan continuar coas obras”.

















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



