Ata compoñentes do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE desprazaronse este domingo 24 de abril ata o Concello de A Capela (A Coruña), onde deron comezo a Ruta Senda do Río Belelle con percorrido de 16 km. ata o seu final en Neda (A Coruña). A ruta pasa por tres Concellos: A Capela, Fene e Neda. Unha ruta preciosa, o lado dun río supercuidado e de augas cristalinas. No percorrido diferencianse 4 partes espectaculares: a senda ao son do río, duns 7 km, a senda ó lado do canal de auga de abastecemento a Central Hidroeléctrica do Belelle, que vai a unhos 40 m de altura con respecto o cauce do río, e con unha distancia dunhos 3 km, o paseo da Fervenza do Belelle, que con unha altura de 40 mettros e considerada unha das fervenzas mais bonitas de Galicia e que ten unhos 2 km, e o paseo dende a Fervenza ata Neda dunhos 4 km. ,seguindo o Rio Belelle ata mesmo a sua desembocadura preto da igrexa de San Nicolás en Neda. O final da Ruta paseo pola Vila de Neda.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



