Un grupo duns 40 veciños de Barreiros e dos seus arredores están a realizar desde o pasado 16 de abril o Camiño Primitivo por etapas, que teñen lugar os sábados. A desta pasada fin de semana discorreu polo concello de O Cádavo. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, sinalou que “con ilusión e ganas iniciamos hai uns días esta nova aventura para chegar a Santiago. Os momentos de sufrimento terán o seu premio co abrazo ao Apóstol Santiago”. Este grupo de camiñantes realizará 9 etapas para cubrir esta ruta ata Santiago de Compostela. Xa levan percorridas dúas e quédanlles pendentes 7. Gómez Puente anima a todas as persoas que se queiran sumar ás nosas andainas: “ánimo porque estades a tempo de iniciar esta viaxe marabillosa”.























Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



