Lugo, 26 de abril de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular pide a dimisión do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, tras a sesión plenaria celebrada esta mañá e na que quedou demostrado de novo que o socialista é “incapaz” de gobernar a institución lucense. A voceira dos populares, Elena Candia, explica que na Comisión Informativa do Plan de Obras e Servizos (POS) se chegou a unha proposta de consenso para sacar adiante tanto o POS como os orzamentos e que Campos “preferiu botar atrás na sesión plenaria, ante unha actitude de incoherencia absoluta”. É dicir, o acordo pasaba por aprobar nun pleno extraordinario os orzamentos e un plan de obras en condicións cuns criterios que, tal e como se falara na Comisión, tiñan o apoio unánime dos distintos grupos, polo que o presidente decidiu continuar coa mesma orde do día.
Os populares consideran que a provincia e todos os lucenses necesitan outro presidente provincial que sexa capaz de dialogar, chegar a un consenso e aprobar uns orzamentos “moi necesarios”. Segundo explica a popular para ter aprobados os orzamentos deben ter resoltas as reclamacións presentadas, un trámite que, segundo Candia, “entendemos bastante sinxelo porque reproducen o contido das emendas presentadas ás contas provinciais”.
Acordo en Comisión Informativa
O equipo de Goberno incluíu na orde do día da sesión plenaria deste martes a aprobación dun Plan de Obras e Servizos sen ter aprobados os orzamentos, “nun intento de desviar a atención e xustificar que fan algo”. Así as cousas, os populares solicitáronlle a socialistas e nacionalistas na Comisión Informativa que trouxeran primeiro a pleno os orzamentos, xa que “non se explica porque non o fixeron, imos con moitísimo retraso”.
Ademais, Candia explica que na Comisión Informativa do Plan de Obras e Servizos previa ao Pleno, os populares lle fixeron unha invitación ao presidente da institución para a aprobación dunha proposta do POS “coa que todo o mundo estaba de acordo” e deste xeito “terían a posibilidade de sacalo por unanimidade”. Tratábase dun acordo unánime mantendo os criterios da anualidade pasada e rebaixando a cantidade mínima para obras que tiña que facer cada concello. Pese a este acordo, o Goberno mantivo o punto na orde do día, desbotando a celebración dunha sesión extraordinaria, para a aprobación definitiva tanto dos orzamentos como do POS. Por primeira vez na historia da institución, analiza Candia, os 25 deputados provinciais votaron en contra do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Lugo, unha situación “moi exemplificativa da falta de diálogo e de coherencia” de Campos.
Candia di que os populares sempre puxeron todo da súa parte, “démoslles os instrumentos” para poder dar unha imaxe de “unidade” ata o punto de que anunciamos tamén a nosa renuncia as dietas dos plenos extraordinarios e poder axilizar así a aprobación dos orzamentos que son “unha prioridade” para esta provincia.
Tras o debate da sesión plenaria, “quédanos claro que Campos non quere nin uns orzamentos, nin un POS aprobado en condicións” coa finalidade de poder xustificar “a parálise absoluta na que se atopa esta institución”. Candia asegura que ao presidente “a situación quédalle novamente grande e busca o litixio no lugar do consenso e de aceptar o diálogo. Debe resolver problemas, non provocalos”, matiza.
Por último e en referencia ao Goberno provincial, a voceira di que “seguen sen ser conscientes de que non teñen os apoios suficientes para sacar as iniciativas adiante e, o que é peor, seguen sen entender nin facerlle caso ao grupo que lle daría estabilidade suficiente para sacar os acordos adiante e que sempre deseña eses acordos pensando no ben da provincia e esta provincia precisa un goberno con sentido común e criterios que beneficien á provincia”.



















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



