Lugo, 26 de abril de 2016.- A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, vén de anunciar a convocatoria do Congreso Comarcal da Mariña lucense que terá lugar o vindeiro domingo 15 de maio no teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Cúmprese así un dos compromisos adquiridos desde a nova dirección provincial que, comprometeuse a reforzar a estrutura comarcal do partido, dándolle nova vitalidade e tamén, e non menos importante, avanzar nos mecanismos de participación directa dos militantes.
Un afiliado, un voto
A celebración deste Congreso comarcal efectuarase, por primeira vez, de xeito asembleario, polo tanto, serán entorno ao millar de afiliados populares de toda a comarca os que escollan co seu voto, de xeito directo, ao novo Coordinador e á súa Executiva.
O obxectivo principal desta nova estrutura é ofrecer aos veciños da comarca e ao conxunto dos militantes un partido máis pegado ao territorio, e ás súas necesidades, que gañe en proximidade, dinamismo, transparencia e participación.
Aclaran que as novas agrupacións comarcais non suporán crear novos órganos de dirección, xa que logo a figura dos coordinadores xa existía, a diferenza radicada en que agora son os militantes os que escollen de xeito directo aos integrantes da Executiva e ao seu presidente.
De calquera xeito, a nova organización comarcal respectará as estruturas municipais existentes e a súa autonomía de funcionamento, aínda que permitirá dar resposta dun xeito máis efectivo, a todas as demandas que compartes os municipios da Mariña lucense.
Calendario
Coa convocatoria oficial destes congresos da inicio un intenso calendario no que destacan dúas datas fundamentais:
A do vindeiro luns 2 de maio, data límite para a presentación de candidatos –deberán facelo ante a sede provincial do PPdeLugo- co apoio da sinatura de 60 afiliados
E en segundo lugar o venres 13 de maio, día no que remata o prazo para a presentación da candidatura que, neste caso, deberá estar avalada polo menos por 150 militantes.
Os populares lembra que só poderán ir en listas e participar nas votacións os afiliados que estean ó corrente no pago das súas cotas, como indican os Estatutos.
Elena Candia prosigue co proceso de renovación do Partido Popular na provincia de Lugo dando pasos como este, supón avanzar en iniciativas que contribúen a reforzar equipos, sumar ideas e gañar en participación, no obxectivo de recuperar o protagonismo social e facer un PP máis aberto e plural.



















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



