Foz, 26 de abril de 2016.- O Concello de Foz, a través da Concellería de Medio Rural, organiza unha excursión á Feira do Aceite de Quiroga para o día 8 de maio, domingo.
O prezo para participar é de 25 euros e inclúe comida na feira, visitas a partir das 17 horas ao Museo Etnográfico de Quiroga e ao Museo Xeolóxico Municipal.
Os interesados e interesadas poden anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que está na Casa do Concello, ou chamando ao teléfono 982.140.027. O número de asento será por orde de inscrición.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



