Ribadeo, 5 de maio de 2016.- Como consecuencia do acordo asinado entre a SD Ribadeo e a Fundación Celta, esta entidade de Vigo organiza a XXI edición dun campus de fútbol para nenos e nenas de 4 a 16 anos, que se celebrará no campo municipal Pepe Barrera do 27 de xuño ao 1 de xullo.
Na presentación do evento, que tivo lugar na tarde deste xoves na Casa do Concello ribadense, o responsable de Convenios, Escuelas y Campus da Fundación Celta, Diego García Sarabia, manifestou: “gracias al Concello y a la SD Ribadeo por seguir haciendo actividades y acciones en común y aprovecho la ocasión para agradecerles a los representantes de la SD todo el año que llevan trabajado con nosotros y las facilidades que nos dan para realizar esta labor con ellos. Una de estas acciones es el campus de verano de la Fundación Celta, que realizaremos aquí, en Ribadeo, entre el 27 de junio y el 1 de julio. Será en el campo municipal Pepe Barrera y, si fuera necesario, podríamos utilizar otras instalaciones. Es para niños y niñas con edades comprendidas entre los 4 y los 16 años. El horario es de diez de la mañana a dos de la tarde de lunes a viernes. Desarrollaremos diferentes áreas, como psicomotricidad y coordinación, técnico táctico, multideporte y todo lo relacionado con el fútbol. Además tendremos alguna sorpresa en la jornada final y a lo largo del campus haremos diferentes acciones con los niños que participen. Es la primera vez que vamos a realizar el campus en Ribadeo, pero la verdad es que la experiencia de acciones anteriores como la del clinic, que hicimos anteriormente, fue muy satisfactoria, con lo cual entendemos que puede ser un gran reclamo y también favorecer para que la SD siga realizando actividades con el Real Club Celta y la Fundación”.
O presidente da SD Ribadeo, Nicasio Castañal, presentou “por primeira vez, despois do acordo que fixemos co Celta a principios de tempada, un campus de verán. Despois do éxito que tivo o clinic que fixemos en Nadal esperamos que nestas datas, do 27 de xuño ao 1 de xullo, que haxa moitos nenos e que sexa un éxito como foi o clinic”.
E o concelleiro de Deportes, David Rivas, comentou que “desde o Concello xa no momento en que se firmou o convenio entre o Celta e a SD Ribadeo manifestáramos a nosa satisfacción porque prevíamos que podía ser moi beneficioso tanto para a SD como para a propia vila e o concello de Ribadeo. Que unha entidade como o Celta se fixara nunha vila como Ribadeo e nun club como a SD é sinal de que se está traballando ben, de que a SD está facendo un labor importante coa canteira e é mostra tamén da repercusión que está a ter o concello de Ribadeo fóra das nosas fronteiras e de como se vai convertendo nun referente á hora de organizar este tipo de eventos e actividades”.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
