Xove, 6 de maio de 2016.- O domingo día 15 de Maio, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazarase a Comarca do Deza, en concreto os Concello de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra), para facer a Ruta: “Fervenza do Toxa-Mosteiro de Carboeiro”.
O Grupo visitará o Mosteiro de Carboeiro do seculo X, un monumento do estilo Románico-Gótico, onde dá comezo unha Senda Natural polo Rio Deza, ata chegar a Fervenza do Toxa.
A Fervenza do Toxa, e a mais alta de Galicia con cerca de 70 m de altura, e está situada nunha parexe de incrible beleza natural.
PROGRAMACIÓN:
Ruta:Fervenza do Toxa – Mosteiro de Carboeiro(Silleda-Vila de Cruces)
Dia: Domingo 15 de Maio
Hora de saída de Xove: 7:30h da mañan. Centro Civico de Xove.
Distancia: 14 km. Dificultade: Baixa . Tempo: 4:00h.
Prezos:
Socios Federados: 12.-€
Socios + Seguro: 14.-€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios + Seguro: 17.-€
Mais información e inscricions en:
Piscina Municipal de Xove.
No telefono: 618 97 61 59
No correo: senderismoxove@gmail.com






















A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



