Viveiro, 21 de maio de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia deberá na vindeira semana –previsiblemente o martes- a iniciativa do Grupo Popular para impulsar o plan de apoio á pesca de baixura que, deseñado pola Consellería do Mar, nace co obxectivo de mellorar a competitividade deste segmento de flota e as condicións de traballo dos seus profesionais.
Así o deu a coñecer na mañá deste sábado en rolda de prensa o voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, acompañado do tamén deputado Vidal Martínez-Sierra e do presidente do Partido Popular de Viveiro, Antonio Bouza, xunto con varios concelleiros desta localidade.
Seis medidas concretas
Entre as iniciativas previstas para acadar ambos obxectivos están seis medidas concretas coas que a Xunta de Galicia espera facer da flota costeira artesanal a que maior esforzo centre nos vindeiros anos, tanto desde o punto de vista técnico como económico.
Así, por exemplo, primará a este segmento de flota e aos seus profesionais como beneficiarios preferentes das axudas e subvencións que no futuro se establezan. Polo tanto, cando a administración compare as distintas solicitudes presentadas aquelas correspondentes á flota costeira artesanal deberán obter, de acordo cos criterios prefixados na convocatoria, maior puntuación e máis contía na subvención.
Plan de emprego para mozos
En segundo lugar, o Grupo Popular pide a posta en marcha dun plan de emprego, para promover e facilitar o relevo xeracional no ámbito da flota artesanal. Nesta liña, a Consellería do Mar deseñou un programa de formación e aprendizaxe de carácter práctico que facilitará a incorporación de mozos neste tipo de embarcacións.
A iniciativa do Grupo Popular tamén demanda impulsar iniciativas de mellora da comercialización (con especial atención a produtos como o percebe, a navalla ou o ourizo e, en xeral do marisqueo) e de promoción, mellora da trazabilidade, información ao consumidor e apertura de novos mercados.
En cuarto lugar, a iniciativa do PPdeG insta á Xunta a reactivar as instalacións de produción de semente de moluscos bivalvos, para incrementar a capacidade das zonas pouco produtivas ou hoxe improdutivas.
Como quinto punto, reclámase o impulso das marcas de calidade e denominacións de orixe, partindo da experiencia positiva que ofreceu o selo PescadeRías, que desde a súa implantación logrou certificar millóns de quilos de produtos da pesca e o marisqueo.
E, finalmente, o plan deseñado desde a Consellería do Mar contempla a incorporación aos buques de pesca de diversas melloras a bordo, que redunden en maior eficiencia enerxética, dean máis valor engadido ás capturas, ou reforcen as condicións de confort, hixiene e saúde, en definitiva, as condicións de traballo dos pescadores.
Aproveitar o novo FEMP
Balseiro explicou que “quixemos trasladar ao Parlamento o desenvolvemento deste plan para facer partícipes aos grupos da oposición e ao sector pesqueiro en xeral das distintas medidas a impulsar e, no seu caso, que poidan enriquecelas con novas achegas”. “Non se trata dun catálogo pechado, senón dunha serie de compromisos que a Xunta ten previsto executar en apoio deste segmento de flota e no obxectivo de aproveitar as oportunidades que ofrece cos novos recursos dispoñibles do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP)”, apuntou
O portavoz popular lembrou que Galicia será destinataria preferente destas axudas comunitarias, logo dunha intensa negociación tanto en Bruxelas como en Madrid. “Ata tal punto é así que a nosa Comunidade recibirá entorno a 487 millóns de euros, pasando dun 45,32 por cento do total dos recursos no período 2007-2013 a máis do 50,88 por cento na actualidade”, dixo.
A baixura na Mariña Lucense
Ninguén pode negar o extraordinario potencial que o sector pesqueiro ten e representa para a Mariña lucense e, en concreto a flota costeira artesanal que, presente nos 8 portos pesqueiros lucenses, agrupa 128 embarcacións da nosa comarca.
A flota mariñá está composta, segundo os datos oficiais dispoñibles no rexistro de buques pesqueiros por 14 embarcacións de arrastre, 83 de artes menores, 9 barcos de cerco, 1 volanteiro (enmalle), 5 palangreiros de fondo e 16 palangreiros de superficie que faenan en augas do Caladoiro Nacional.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



