Mondoñedo, 24 de maio de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de obras, José Otero Rejes, están a manter reunións mensuais con responsables da empresa Aqualia, encargada da xestión dos servizos de auga e saneamento no municipio co obxecto de garantir a súa prestación nas mellores condicións e na procura de solucións aos problemas existentes.
En concreto, a rexedora da localidade explica que dende o Goberno local “estamos a facer un seguimento moi de preto” a estes servizos coa finalidade de coñecer as condicións de “limpeza dos sumidoiros, de mantemento de bocas de rego e de solución dos problemas en abastecementos de auga”.
Elena Candia defende a “enorme” importancia de levar a cabo esta xestión dun “xeito eficaz”, xa que as consecuencias derivadas “son evidentes na localidade, froito do deficiente mantemento que levou a cabo o anterior equipo de Goberno bipartito. Unha situación coa que sempre fomos moi críticos”.
Neste senso, a alcaldesa pon como exemplo os problemas existentes na rede de saneamento da parroquia de Sasdónigas, que “nunca chegou a funcionar, despois dunha elevada inversión de fondos públicos”. De feito, Candia explica que o deseño do proxecto é “tan inviable, que impide o acceso á depuradora para proceder ao seu mantemento”. “É un claro exemplo da falta de control dos nacionalistas e dos socialistas no Concello de Mondoñedo”, matiza.
Esta falta de xestión do anterior Goberno bipartito contraponse a do novo executivo de Candia, quen enumera que “levamos limpado máis de 140 sumidoiros e corrixido un importante número de deficiencias”, pese a isto, aclara, “queda moito traballo por facer e están previstas novas actuacións”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



