NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o concello parécese ó “camarote dos hermanos Marx”.
Os populares aseguran que no mesmo dia pasouse de ter unha obra adxudicada, anular a adxudicación e adxudicar a contraria.
Consideran que a desorganización do concello e absoluta e que o edil de Obras “non está”.
O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que asegura que a desorganización política do concello é tal que podemos calificar a situación como “o camarote dos hermanos Marx”. Ademais, afirma que a Delegación Municipal de Obras do Concello de Burela, que dirixe Pascual Domenech, é un desastre en sí mesma porque o propio delegado “non está” no que tiña que estar, e por non estar nin está no hospital, que é onde ten o seu posto de traballo, nin está no concello.
Como mostra, os populares aseguran que no mesmo día pasouse de ter unha obra adxudicada, anular a adxudicación, e adxudicar a contraria.
O portavoz do GMPP afirma que o Concello de Burela, máis exactamente o alcalde, adxudicou a obra de renovación do alumeado no parque Rosalía de Castro, pertencente ó Plano Complementario do Plano de Obras e Servicios 2009, POS-2009. As obras do complementario do POS fanse sempre e cando sobren cartos do Plano Principal e quen decide que obras se fan é a Deputación. Pero dábase a circunstancia que ainda non se tiña adxudicada a obra titular do indicado POS 2009, co que con data 21 de Setembro o alcalde dicta un decreto, o número 761, no que se anula o expediente de contratación da obra do parque e polo mesmo decreto se inicia o expediente para a contratación da obra que se tiña que contratar, que é a obra de “pavimentación e servicios na avenida da Praia de A Marosa”.
Pero o curioso é que ese mesmo día o alcalde asina outro decreto, o número 762, polo que se adxudica xa a obra titular do POS-2009, a obra da avenida da Praia de A Marosa.
En primeiro lugar, decir que esto é unha auténtica chapuza política que demostra que nin o alcalde nin o delegado de obras están onde teñen que estar: o alcalde decindo que si a todo pero poñendo de uñas os sindicatos, e o delegado de obras que non está nin tampouco se lle espera, o que demostra que o concello é o camarote dos hermanos Marx, onde todos caben, pero todos se dan cabezadas, patadas e cobadazos.
En segundo lugar, o asunto ten unha clara lectura política e económica, porque a obra que vai facer o concello na avenida da Marosa é unha parte da obra que estaba no Plano Operativo Local da Deputación do ano 2006, que fora adxudicada polo anterior equipo de goberno da Deputación en 120.000’00€, parada por Gómez Besteiro, e que agora teremos que pagar en parte os cidadáns de Burela, e sen poder facela na súa totalidade, co que o concello está a pagar os desaguisados que fai a Deputación.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



