O vindeiro sábado 18 de xuño, coincidindo coa Clausura Oficial da Temporada 15/16 das Escolas Deportivas Lourenzá, presentarase o Himno Oficial do XX Aniversario.
Cunha duración de 3 minutos e medio, conta tamén cunha versión curta de 1 minuto e medio, así coma cunha versión instrumental. No mesmo lémbrase o ano de fundación do club así como se mencionan ao longo do mesmo as distintas seccións deportivas que compoñen as Escolas.
A partir do 18 de xuño, e unha vez sexa presentado, aloxarase nas distintas redes sociais do club para que poda ser descargado por tódol@s soci@s simpatizantes e o público en xeral.