Santiago de Compostela, 07 de xuño de 2015. O deputado, no parlamento galego Daniel Rodas e a portavoz en Bruxelas do BNG, Ana Miranda, critican o “sesgo partidario e electoral” da visita do Director Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca, João Aguiar Machado que se reunirá unicamente con unha parte do sector e non convidar ao resto dos representantes da Comisión de Pesca do Parlamento galego cando acaba de realizar unhas xornadas baixo o título de “Marcando rumbos de futuro”, cuxas conclusións eran a necesidade da unidade do sector.
Rosa Quintana, utiliza a visita como unha cortina de fume para non falar dos problemas reais do sector que os conduce ao abandono da actividade e ao despezamento con medidas impulsada pola UE, entre as que Rodas e Miranda destacan: a imposición dun modelo de reparto individual que fai inviable a actividade, imposición de cotas a pesca artesanal, incluso nas capturas accidentais, venda de dereitos de pesca, aplicación dun Plan de acción da flota pesqueira 2015, medidas ata o 2020 no que perderemos un total de 569 barcos mentres outros países como Irlanda incrementan a súa flota ou outra flota dentro do Estado teñen un tratamento especial podendo aumenta en 21.000 GT´s o seu tamaño, imposición de cotas irrisorias para segmentos como a volanta que os abriga a pescar de forma irregular.
Os nacionalistas recalcan que o conxunto do sector rexeita o modelo de acuicultura intensiva que impón a UE, que obriga a cambiar un modelo sostible por outro intensivo obrigando as mariscadoras a transformarse en acuicultoras.
Miranda pregunta ao Director Xeral onde quedou o compromiso adquirido na visita realizada a Bruxelas en compañía dos armadores de ANACEF de abrir novas posibilidades aos barcos galegos para volver a faenar no caladoiro de Mauritania, e o resultado dos deberes encargados ao Goberno español, pero sobre todo, o seu compromiso de visitar Galiza e reunirse co Consello Galego de Pesca para coñecer en profundidade os problemas reais dun País altamente dependente da pesca.
Pola súa parte, o deputada Daniel Rodas, incide na problemática da etiquetaxe do mexillón, cuestión, explica, que foi perfectamente definida polo presidente da Comisión quen afirmou que “ante unha sentenza o que compre é acatala”, así como reunirse con ACERGA, que teñen denunciado o modelo actual de reparto e xa teñen trasladado información precisa para comprender o despropósito do modelo de reparto individual baseado en supostos dereitos históricos, dereitos que benefician a quen máis pescou e penaliza a quen regulou e aplicou un modelo sostible.
O BNG censura a falta de ética da titular de Mar, utilizando os resortes políticos non para enfrontar o drama que está a vivir o sector do mar senón para tapar a contestación social de todo un País que rexeita o actual modelo que “precariza a actividade e privatiza o dereito a poder pescar”, a desenvolver unha acuicultura sostible e un marisqueo baseado na calidade da auga, e non na produción en mans duns poucos. Preguntámonos que ten que ocultar Rosa Quintana para reunirse cunha única parte do Consello Galego de Pesca e impedir que o resto poida facer o mesmo ?




















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



