A Mariña, 9 de xuño de 2016.- A CIG-Ensino ten que denunciar coma cada ano o desprezo da Consellaría de Educación pola nosa lingua e polo traballo do profesorado e dos Equipos de Normalización Lingüística. Non se pode cualificar doutro xeito a teimosía con que insiste en convocar unhas raquíticas axudas durante o segundo trimestre do curso, axudas que non se resolven até estar avanzado o terceiro trimestre. Este ano, unha vez máis, no mes de xuño, cando apenas quedan vinte días para que finalice o curso.
Este curso, unha vez máis, a Consellaría volveu facer gala do seu desinterese na normalización da nosa lingua. A convocatoria deste ano non tivo en conta, de novo, as recomendacións máis básicas como é a publicación no inicio de curso (non se publicou até xaneiro de 2016), a resolución o antes posíbel, como moi tarde no inicio do segundo trimestre (como vemos, publícase a vinte días do final do curso) ou o incremento das axudas de xeito que signifiquen unha dotación real e efectiva para o desenvolvemento de actividades nos centros (a Consellaría mantén a redución orzamentaria de máis do 60% que desde hai sete anos sofren os centros públicos).
Para CIG-Ensino da Mariña pouca cousa poden facer os centros cunha axuda que oscila entre os 172 e os 480€. Para os 31 centros da comarca da Mariña que solicitaron axuda nunha contía de 46.107 euros tan só foron concedidos 11.776, é dicir, so un 25,5% do total. Hai centros coma o Ceip do Vicedo que solicitou 1.460 euros e só lles foron concedidos 170 ou o Ceip Alvaro Cunqueiro de Mondoñedo que solicitou 1.850 euros e só lle foron concedidos 164 euros. Estamos falando de cifras que nin sequera acadan o importe dun autobús para acudir co alumnado a unha actividade normalizadora, por pór un exemplo. O resto do traballo terá que ser levado adiante coa voluntariedade e traballo docente. Para facernos unha idea máis axustada do que representa, pensar que todos os centros de Viveiro solicitaron 14.880 euros pero só lles conceden 3.204.
Estamos ante un sutil mecanismo de paralización do importante labor dos equipos de normalización. A Consellaría sabe que os equipos non poden programar as actividades sen coñecer a contía das axudas, de aí a súa tardía publicación, e sabe tamén que a súa continua redución é un importante impedimento para deseñalas e desenvolvelas.
A CIG-Ensino denuncia esta situación e esixe tanto o incremento das contías das axudas aos Equipos de Normalización de maneira que sexa unha axuda real como a publicación da convocatoria co inicio do curso e resolución inmediata, de xeito que as axudas sexan efectivas e permitan o deseño e a convocatoria de actividades que incidan no proceso de normalización da nosa lingua.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



