NOTA DE PRENSA
O CONSELLO LOCAL DO BNG CONSIDERA QUE A BURELA VAILLE MOITO PEOR DESPOIS DE SEIS MESES DE GOBERNO DO PP NA XUNTA DE GALICIA
A situación do emprego, dos servizos públicos como sanidade, educación ou servizos sociais e a vivenda en todo o que depende do goberno do PP empeoraron significativamente no concello de Burela.
En relación co emprego e tomando as estatísticas oficiais da propia Xunta, fagamos as comparacións que fagamos observamos que cada vez máis veciños e veciñas de Burela están en paro. Segundo os últimos datos de outubro deste ano son 538 as persoas sen traballo en Burela, 132 máis que hai un ano, 20 máis que hai seis meses e 48 máis que hai un mes.
Isto demostra que nada fixo e nada fai o PP para paliar esta situación, nada para solucionar a constante sangría de paro nas empresas auxiliares de Alcoa, nada ante a paralización da actividade en Gres Burela, e poderíamos seguir. Todo isto despois de observar a gran demagoxia utilizada en grandes doses polo PP en boca do deputado Sr. Balseiro en relación con este asunto no pasado e realizando grandes promesas de solución se eles gobernaban establecendo un plan para evitar o destrución de emprego.
En canto aso servizos públicos observamos máis deterioro e carencias:
No ensino: a grande maioría dos veciños e veciñas de Burela teñen que pagar a totalidade ou unha grande parte do custe dos libros de texto despois de que o deputado do PP afirmara o seguinte: “Non podemos conformarnos con que algunhas familias teñan que pagar curso tras curso entre 50 e 60 euros”. “Hai que garantir que as familias non teñan que pagar un só euro polos libros de texto que empregan os seus rapaces no seu proceso educativo”.
Na sanidade: peores condicións laborais e retributivas do persoal que traballa nos centros de saúde e no hospital coa negativa a cumprir os acordos asinados polo anterior goberno. Paralización do plan director do Hospital. Anuncio de supresión da xerencia en Burela que significará a perda de especialidades asistenciais, que facultativos de Burela van ter que cubrir baixas noutros centros de Lugo e que ademais se vai perder emprego no Hospital da Costa.
Nos servizos sociais: supresión de persoal no centro de día de Burela.
En vivenda: paralización do plan sectorial de Vivenda protexida no concello sen ningunha alternativa. Paralización dos proxectos de mellora das vivendas das Casas Baratas.
Supresión do servizo de autopsias sine die no Hospital da Costa.
Eliminación da vixilancia no porto poñendo en risco a seguridade das instalacións, que xa produciu un aumento de roubos e desperfectos.
Diminución das axudas aos clubs deportivos.
Se podemos falar sen ningunha dúbida de paralización e retroceso nestes últimos seis meses de desgoberno e de deconstrución do realizado tampouco auguramos un futuro mellor para Burela cando observamos os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010.
Non hai nada novo, nada que non estivera previsto e comprometido polo goberno anterior ( abastecemento de auga, acceso ao porto) e por suposto nada contemplan sobre as demagóxicas promesas realizadas polo PP a través do seu representante de verbo máis desaforado.
Onde están os investimentos para o prometido: nova gardería ( Escola Infantil), centro de Alzheimer, ampliación do Hospital, pago do 90 % dos custes dos comedores xestionados polas ANPAS, instalacións deportivas, escola náutico pesqueira, gratuidade total dos libros de texto…
Todo isto amosa a verdadeira faciana do PP, a da mentira e o engano como xeito de facer política sen ningún tipo de escrúpulo. Os resultados desta política os están sufrindo en Burela sobre todo os máis desfavorecidos.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



