Foz, 13 de xuño de 2016. Todo está listo en Foz para a celebración da terceira Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o vindeiro 18 de xuño. Haberá tapas, menús e un mercado Vintage, descontos no comercio e tamén concentración de coches clásicos.
O retorno aos anos 60 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas atractivas aos veciños e visitantes. A terceira Festa Vintage será o 18 de xuño. Os responsables do Centro Comercial Aberto animan “a focenses e visitantes a poñer os seus traxes e os seus vestidos para viaxar por un día á década dos anos 60”. Durante a xornada haberá pasarrúas, talleres infantís, colchonetas… que estarán instaladas na Avenida da Mariña. Esta rúa estará cortada ao tráfico durante todo o día. Ao final da xornada de compras haberá un sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. Será ás 20:30 horas diante do Concello. Segundo explica José Carlos Paleo, presidente da Acia/CCA, “trátase dun vale de 300 euros e de sete vales de 100 euros cada un. E tamén sortearemos entradas para o festival Why Not Here Fest, que terá lugar os días 12 e 13 de agosto na vila”.
Os locais que se dan cita na festa vintage son: 5 Lobiños Moda Infantil, Alain Aflelou Centro Óptico, Arrullos, Ayn Moda Íntima, Calzados Pirde, Carola Moda, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Cenor Belianorte, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Faxtor Zapatos, Floristería Ana Fabeiro, Floristería La Gardenia, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Juguetería Din Don, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Lencería y Baño, Maphre, María Docampo Moda, Óptica Eliseo, Parafarmacia Foz, Suministros Veipa, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos e Zapatería Chinela.
Os días 17 e 18 de xuño celebraranse as xornadas gastronómicas dedicadas á Mariña Central e aos seu produtos do mar e da terra. Os locais participantes ofrecerán tapas elaboradas con peixe, con carne, con produtos da horta mariñá… “todo coa intención de animar a chegada do verán a Foz. Queremos darlle así a benvida”, di José Carlos Paleo. Os establecemento son: A Funcional, Happy Days, Mayros, Anduriña, Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock, Marexada, Costumes do Mar, Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
Tamén durante eses días os clientes do comercio focense poderán beneficiarse de ofertas importantes. O venres, 17 de xuño, Foz acollerá unha campaña comercial da Federación de Comercio con sorteo directo de diferentes agasallos ao final do día na Ruleta da Sorte.
E o día 18 a praia da Rapadoira acollerá a concentración de coches clásicos, que estarán alí expostos ata media mañá para despois percorrer as principais rúas da vila, entre as 12.30 e as 13.30 horas. Desde a unha e media e ata as cinco da tarde os vehículos estarán estacionados na Avenida da Mariña e tras o xantar viaxarán ata Viveiro. Está previsto que retornen a Foz ás oito da tarde e que continúen expostos na Rapadoira ata a noitiña.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



