Luns 13 de xuño. A Fundación Imdecum, en colaboración co CD Burela FS Pescados Rubén, regresa este mércores, 15 de xuño, a Burela para ofrecer á xuventude da comarca máis entretemento deportivo coa IV Xornada de Fútbol Sala na Rúa.
A emoción do futsal respirarase na praza da Mariña para que todos os rapaces/as ata os 18 anos poidan pasar unha divertida xornada lúdico-deportiva, de 16.00 a 18.00 horas. Dúas pistas de 3×3 e un futbolín xigante permitirán aos rapaces/as que así o desexen dar renda solta ás súas habilidades co balón.
No caso de que a chuvia non permita realizar a actividade ao aire libre, a xornada trasladarase ao pavillón dos Castros.