Lourenzá, 14 de xuño de 2016.- A candidata socialista ao Congreso, Margarita Pérez Herraiz, defendeu este martes en Lourenzá a aposta “clara e decidida do PSOE polo sector primario da nosa provincia”. Pérez Herraiz avanzou que “os socialistas impulsaremos unha política de desenvolvemento agrícola e rural comprometida, con maior financiamento, que consega rachar cos puntos débiles do noso sistema de produción, corrixir os seus déficits e apoiar, decididamente, os factores de crecemento deste sector “.
A candidata ao Congreso, visitou a Cooperativa da Faba de Lourenzá, que agrupa a 18 produtores da Comarca, acompañada de cargos e Alcaldes socialistas da Mariña. Alí subliñou que o PSOE prestará especial atención ás cooperativas agroalimentarias. “O PSOE impulsará o desenvolvemento dunha estratexia global de políticas de cobertura económica das accións previstas no Plan Estratéxico da Cooperativa”.