Burela, 17 de xuño de 2016.- A candidata socialista ao Congreso, Margarita Pérez Herraiz, defendeu este venres, nunha reunión cos 6 patróns das confrarías da Mariña de Lugo, desenvolver unha boa política de cotas que garanta un reparto xusto e equilibrado entre flotas, artes e Comunidades Autónomas; así como rematar coa ordenación dos caladoiros nacionais e aprobar os plans de xestión pendentes. Lembrou que rexistrou unha proposta no Congreso, precisamente para reclamar o cambio no reparto das cotas, pois o sector do cerco en Galicia considérao inxusto.
Pérez Herraiz, acompañada do voceiro de Pesca no Parlamento, José Ramón Val Alonso, analizaron en Burela a situación deste sector na Comarca con profesionais do mesmo. A candidata ao Congreso remarcou que a “pesca é a gran desaparecida da xestión do PP” e denunciou “o reparto compulsivo de cotas nalgunhas flotas e caladoiros”.
Advertiu que diante deste panorama, o PSOE debe dar unha resposta contundente e comprometida cos traballadores do mar. “O PSOE traballará por impulsar unha política pesqueira europea que iguale os dereitos de acceso a recursos e axudas de todos os pescadores da UE. Promoverá cambios nos fondos europeos para que a pesca remate coa discriminación das mulleres e determinados colectivos dos traballadores do mar. Impulsará e defenderá a presencia española en caladoiros internacionais. Artellará, coas CCAA, un plan de acción coas confrarías de pescadores, organizacións de produtores, asociacións e cooperativas para impulsar o seu papel distribuidor, onde se permita xestionar industrias novas manufactureiras do produto que se capture. E mellorará a aplicación das medidas de control e inspección de España, sobre a trazabilidade e o etiquetados dos produtos. E promoverá a promoción dos produtos pesqueiros”.
125 millóns de euros con máis de 2.000 traballadores
O voceiro de Pesca remarcou a importancia do sector pesqueiro na nosa provincia. “A Mariña de Lugo moveu no último ano 40 millóns de quilos de peixe desembarcado, que traducidos ao valor do mercado supuxeron máis de 125 millóns de euros. E conta cunhas cifras de emprego directo por riba dos 2.000 traballadores e 200 embarcacións censadas”. Subliñou que “a pesca na Mariña ten futuro, si somos capaces de promover a súa innovación, si buscamos entre todos criterios xustos de repartos de cotas e si somos capaces de crear unha normativa que teña en conta ás persoas traballadoras do mar”.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



