Redondela acollía o campionato galego de tiro con arco en aire libre onde os cadetes Gabriel Galante Briones e Francisco Botelho Melo, do Club IADOVI de San Cibrao, se facían coa primeira e a cuarta posición.
Gabriel Galante Briones situábase na primeira praza con 597 ao final das series clasificatorias, mentres que cuarto era Francisco Botelho Melo cunha puntuación de 514 puntos sobre un máximo de 720. Tralas series eliminatorias ambos os compañeiros tiveron que competir entre eles. Gabriel alzábase coa vitoria cun contundente 6 a 0 en puntos de set relegando a Francisco a competir polo bronce onde se enfrontaría a Pedro Pina do Club arco Ferrol. Os nervios xogáronlle unha mala pasada a Fran e de estar a tirar moi cómodo no enfrontamento contra Gabriel (perdendo tan só por un punto, e cunhas puntuacións elevadas) comete unha serie de erros técnicos que fan que se teña que conformar coa cuarta praza.
Pola súa banda, Gabriel pasaba a disputar a final contra Taylor Murias, o que se veu a conformar a estar alturas en todo un clásico. Gabriel é máis certeiro que Taylor por tan só un punto de diferenza en cada set, pero suficiente para revalidar o seu título de Campión Galego.
A representante feminina do club, Ana María Briones Montes, nesta competición acusaba cansazo e falta de concentración. Así, unha serie de fallos facían que a súa puntuación habitual descendese ata quedar fóra do corte para pasar a disputar as eliminatorias, o seu punto forte nas competicións.
Doutra banda, Jorge Galante estreábase na categoría de veteranos, conseguindo unha puntuación de 450, o que o situaba no oitavo posto, disputando os cuartos de final caendo por 6 a 2 en puntos de set ante o representante do Club Arcobarco, Martín Gómez Segura.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
