Cervo, 22 de xuño de 2016. O Concello de Cervo organiza os programas de actividades infantís Enredos de verán, que este ano está dedicado ás olimpíadas, e Repasando en verán.
A concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, explicou que “o programa Enredos de verán, destinado a nenos e nenas que cursen desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria, desenvolverase todas as mañás durante os meses de xullo e agosto. Nesta ocasión a temática son as olimpíadas infantís, aproveitando que este ano é olímpico. Practicarán diversos deportes con diferentes xogos e modalidades e tamén van facer talleres. Haberá actividades de atletismo, fútbol, baloncesto, tiro con arco, surf, irán á praia e á piscina, etcétera. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao teléfono 691.656.600 ata o 30 de xuño e ese mesmo día haberá unha reunión para dar a coñecer os horarios; será ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura”.
Dolores García engadiu que “en canto á iniciativa Repasando en verán, para alumnado de Infantil e Primaria, consistirá en facer fichas e repasar os contidos que deron durante o curso, pero dunha forma máis amena e de ocio. Pódennos dicir en que materias teñen algunha dificultade para repasar un pouco máis nelas. Realizarase en todas as parroquias do municipio, concretamente na Casa do Mar de San Ciprián, nas escolas de San Román, no local social de Trasbar, no Ecomuseo de Cervo, na escola de Rúa e na de Castelo. A documentación para inscribirse, que se enviou aos colexios, pode entregarse na Casa do Mar de San Ciprián ou na Casa do Concello de Cervo, pero tamén poden apuntarse chamando ao teléfono 691.656.600. O prazo remata o día 30 deste mes de xuño. Sobre a data de comezo e os horarios informarase mediante chamada telefónica aos inscritos”.





















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



