Este martes comezan as actividades da cuarta semana do #CulturaAberta da Deputación de Lugo, unha iniciativa posta en marcha o pasado 5 de xullo coa que o organismo provincial ofrece máis de 30 actividades lúdicas e culturais, completamente gratuítas para os participantes. Lembrar que todas estas actividades celebraranse na explanada do INLUDES, ao carón da Capela de Santa María. Máis información sobre horarios, datas e outras actividades culturais en www.deputacionlugo.gal
Programación
26 xullo ás 21:30 horas.- “Os fenómenos”
Presentación da película por parte do director Alfonso Zarauza e do director de fotografía Alberte Branco “Bertitxi” e un obradoiro sobre a parte discursiva e formal do filme. A longametraxe que é un drama social con pinceladas de humor trata sobre unha muller que vive desde hai tres anos nunha furgoneta na costa de Almería, e ve como a súa parella desaparece o día no que ía comezar a traballar. Regresa co seu bebé ao seu pobo natal en Ferrol e logo de moitas dificultades, consegue un posto de peón de albañil. Pronto a súa cuadrilla comeza a destacar entre as demais pola súa extraordinaria capacidade de traballo.
27 de xullo ás 18:30 horas.-Jean Philippe Kikolas. “Sin remite”
“Sin remite” é un espectáculo inspirado no cómico francés Jacques Tati e a súa curtametraxe “L´Ecole du Facteurs” (1947). Unha personaxe que esperta un aire de nostalxia. Un xogo cos obxectos, a escea e o público. A través da comedia slapstick ou de diferentes gags visuais, Jean Philippe Kikolas introdúcenos no seu particular mundo, achegándonos a un oficio, o de carteiro, que cada vez nos parece máis lonxano. Para elo, emprega varias técnicas de circo, escaleira libre, manipulación de obxectos, malabares de rebote e un sen fin de solucións para conflitos que se plantexan, que lle levarán mesmo a introducirse mesmo dentro dun globo xigante.
28 de xullo ás 21 horas.- “Fuliada na vila” e “Sumrrá”
“Fuliada na vila”: Pivotando entre a música tradicional e o jazz, o grupo recupera os cantos tradicionais para adaptalos ao seu xeito. Neste traballo amosan o repertorio de Rosa e Adolfina Casás, da Vila da Eirexa en Cerceda, xunto con varios cantos da montaña de Lugo. Son con varios cantos da montaña de Lugo. Son músicas/os do mundo do jazz, o tradicional, a música moderna e o folk, convivindo arredor da fuliada (xuntanza na que se canta, se toca e se baila para divertirse). “Fuliada na Vila” son Branca Villares, Carolina Vázquez e Pepa Yáñez (voces e percusión), Richi Casás (saxo soprano e percusión), José Ares (batería), Carlos Santos (baixo), Fran G. Galán (guitarra), Frank Barcia (acordeón), Xan Xove (gaita) e Pablo Pintor (zanfona e gaita).
“Sumrrá”: Con 15 anos e discos editados, “Sumrrá” é un dos novos referentes do jazz contemporáneo. Dende o 2000 participaron en numerosos festivais nacionais e internacionais nos que presenta composicións propias cun directo arrollador e novidoso ao que avalan as mellores críticas: Festival de Jazz de Madrid, Festival de Jazz de Oviedo, Ciclo 1906 de Jazz, Festival ImaxinaSons, Festival Internacional Tanjazz (Tánger), Festival Internacional de La Paz (Bolivia), Joy of Jazz (Sudáfrica), Festival de Jazz de Sofía (Bulgaria)…No 2016 lanza o seu quinto disco titulado “5 journeys”, inspirado nalgunhas das cidades polas que “Sumrrá” ten actuado nas súas xiras internacionais.
29 de xullo ás 21:00 horas.- Pistacatro Produtora de Soños: “Ímpreuna”
Ambientado na época actual, “Ímpreuna” é un espectáculo que se mergulla nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), sen renunciar á fusión sen complexos con outras artes vivas, como a danza, o teatro físico e a comedia. O espectáculo mostra ao espectador o mundo interior do Circo a través das vivencias e das pequenas aventuras cotiás dunha troupe de 7 artistas: as relacións en grupo, a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidaridade e a cooperación. A linguaxe corporal é o instrumento que articula a comunicación entre artistas e público para demostrar que “o máis difícil todavía” non é un exercicio circense, senón o lado humano das persoas que se dedican ao maior espectáculo do mundo.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



