Burela, 28 de xullo de 2016. O salón de plenos acolleu a presentación da XXXII Feira do Bonito, que terá lugar o 6 de agosto, e da XIV edición de Produart, que tamén se celebrará esa fin de semana en Burela. Este venres 29, a promoción farase en Lugo.
O alcalde, Alfredo Llano, comentou que “a Feira do Bonito se vai realizar como sempre se fai o primeiro sábado do mes de agosto, será o día 6, e tamén teremos esa fin de semana a feira Produart, que son paralelas. Son dúas citas moi importantes para Burela porque son unha atracción total tanto no aspecto gastronómico como no medio ambiental, ou na oferta de produtos ecolóxicos e despois é unha promoción moi satisfactoria para o bonito. É unha especie que nosoutros pescamos aquí da mellor maneira que se pode facer, que é artesanalmente e dá unha garantía total deste produto”.
O rexedor burelés engadiu que “a Feira do Bonito é a XXXII edición, é unha feira importante no soamente a nivel de aquí da comarca senón a nivel galego, é a nosa intención darlle máis importancia aínda. Estamos a traballar moito e penso que dunha forma rigorosa e creo que efectiva para que esta feira sexa catalogada como feira de interese nacional”.
Llano salientou que “Produart tamén pensamos que é unha feira importante na que o que se van expor son produtos ecolóxicos, artesáns, produtos que realmente teñen que ver coa calidade de vida que agora mesmo se debe estender e explicar, pola calidade na alimentación e nos materiais que se usan nas casas para poder vivir a gusto e sen meterse para nada co medio ambiente”.
O alcalde burelés dixo que “é unha oportunidade de ver cuestións novidosas e degustar produtos que son realmente cultivados con procedementos naturais e ecolóxicos”.
Finalmente Alfredo Llano convidou “a todo o mundo que queira achegarse a primeira fin de semana do mes de agosto por Burela, vai ter unha oportunidade moi agradable de poder compartir e gozar do bonito e da feira Produart”.
No acto de presentación estiveron ademais do alcalde, o concelleiro de Turismo, a xerente da Fundación Expomar, representantes de Absa, da confraría de pescadores, da Acia local e de Ledicia.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



