Ribadeo, 2 de agosto de 2016. Ata o 15 de agosto estará aberta a inscripción no V Open de Pádel Ditram, que se disputará nas instalacións do Pádel Club Ribadeo do 17 ao 21 de agosto.
As inscripcións poden realizarse no teléfono 650 62 43 50, no club ou tamén na seguinte páxina web www.mistorneosonline.es O V Open de Pádel Ditram disputarase nas categorías 1ª, 2ª e 3ª masculina, mixto, 2ª e 3ª feminina. Segundo explican os organizadores “aquellos que se inscriban para participar en esta cita recibirán una camiseta técnica. Y durante el torneo se sorteará material deportivo”. Haberá premios en metálico e en material deportivo para os vencedores.
Ata de agora son 40 os inscritos neste Open de Pádel. Dende a organización sinalan que “el plazo estará abierto en principio hasta el 15 de agosto, pero si cubrimos las plazas antes cerraremos la inscripción en ese momento”.
O V Open de Pádel Ditram está organizado polo Pádel Club Ribadeo e conta co patrocinio do Grupo Ditram Automoción en Lugo e en Foz; Axa Óscar García Teijeira, en Ribadeo, Viveiro e Burela; e Multitrasteros, no polígono industrial de Ribadeo.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
