Foz 2-8-16-O Mércores 3 de Agosto ás 20:30 h na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz, celebrase a terceira das conferencias Xornadas de Historia Local, organizadas pola Asociación A Pomba do Arco, cunha palestra titulada “A emigración focega” que correrá a cargo do xornalista Martín Fernández Vizoso.
A emigración é un fenómeno determinante para explicar a historia de calquera localidade galega polas súas repercusións no plano demográfico, económico, social, cultural e político. Neste contexto explicase o papel dos emigrantes na posta en marcha dos centros educativos no Concello de Foz, a comezar polo primeiro fundado no século XVIII polo emigrante focego residente en Perú Pascual Villapol Maañón e a rematar polas iniciativas educativas postas en marcha a principios dos anos 30 pola “Sociedad Hijos del Valle de Oro en La Habana”, da que era o seu principal dirixente en Galiza Francisco Fuente, coas súas becas de estudo para o alumnado de San Acisclo ou Santa Cilia. Neste sentido merece unha mención a “Escola Laica de Nois”, fundada polo emigrante retornado de Cuba Francisco Seixas “O Petrulo”, destacado dirixente socialista, naturista, vexetario e defensor do amor libre. Outro tanto vai acontecer coa posta en marcha de entidades socias, culturais e políticas, do que é bo exemplo a Agrupación Socialista de Foz, cuxas primeiras actividades se remontan a 1917, e do que destacando como dirixentes emigrantes retornados como Xosé Paz García, Francisco Fuente, Ramón Martínez ou Manuel Camba.
Os principais destinos dos emigrantes focegos na etapa da emigración transoceánica van ser Cuba, Arxentina e Uruguai, destacando algúns destes polo seu relevo económico, social, cultural ou político. No primeiro caso atopámonos entre outros con Xosé Estúa Mariña, emigrante de Vilaronte, importante empresario da peletería en Cienfugos Cuba e promotor da construcción “Villa María Adela” na súa parroquia de orixe, ou con Benito Couto Pulido, emigrante de San Martiño en Cuba, propietario da fabrica de tabacos “Niña Ana” en Cienfuegos, destacado empresario tabaqueiro e irmán de Carlos Couto Pulido, emigrante tamén en Cuba, e promotor da “Villa Modesta” . No plano cultural, un dos citados, será Francisco Lourido, relevante poeta galego do período do rexurdimento natural de Cangas residente en Puerto Rico, ou no plano político Manuel Cruz, emigrante en Uruguai e dirixente do movemento Tupamaro, ou da tamén focega Esther Gil, militante comunista que viviu exiliada na Unión Soviética até 1956.
A palestra correrá a cargo de Martín Fernández Vizoso, licenciado en Filosofía e Letras polas Universidades de Santiago de Compostela e pola Complutense de Madrid, onde tamén se licenza en Ciencias da Información. Profesor no CES Numen, centro asociado á UNED en Madrid, desde 1986 dedicase profesionalmente ao xornalismo, ocupando labores directivas en diversos medios de prensa escrita e radiofónica así como no ámbito da comunicación institucional. Autor de varios libros como son “El Comentario de Textos, asimilación y sentido crítico”, “A prensa da emigración, Fomento de la Instrucción Galega”, (coautor) ou “Los centros de la emigración pontevedresa en Buenos Aires”, ten publicado centos de artigos e de traballos de investigación sobre o feito migratorio na Mariña e en Galiza.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



