RIBADEO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, acompañou este venres a un nutrido grupo de alumnos e alumnas do 3º e 4º curso de primaria dos centros de ensino de Ribadeo durante a representación da peza “Construcións Clementina, digame?” que realizou o grupo Palimoco Teatro no Auditorio desta localidade da mariña lucense. O nacionalista considerou necesario achegar o teatro profesional aos máis novos presentándolles neste caso unha obra divertida e á vez moi didáctica que afonda na memoria individual como ferramenta para que os nosos familiares continúen connosco unha vez falecen. Alén disto, Veiga lembrou que a Deputación de Lugo está a traballar xunto con numerosas agrupacións para potenciar o teatro profesional e tamén o afeccionado en todos e cada un dos concellos lucenses.
O delegado de Cultura da Deputación acompaña os alumnos de primaria de Ribadeo nunha representación teatral
O delegado de Cultura da Deputación acompaña os alumnos de primaria de Ribadeo nunha representación teatral
Relacionado
-
A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862 ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove
-
Ana Miranda en Mondoñedo: “Para que o agro galego teña voz directa en Europa é indispensable que o BNG estea na Eurocámara”
-
O Alcalde de Ribadeo xestionou numerosas melloras para as parroquias na entrevista que mantivo coa nova conselleira de Medio Rural.