Burela 6-8-16. “Estou moi contenta de volver á casa, despois dun ano fóra moi bo tanto persoal como futbolisticamente” recoñecía a moza Paula Cortiñas (Cervo, 1996), que estivo acompañada polo presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo, Marcelino Luna, no seu acto de presentación como nova xogadora laranxa para 2016-17, despois dunha tempada no Rioja FSF. “Para nós é un orgullo volver contar cunha xogadora da casa, unha firme aposta de presente e futuro polo fútbol sala”, admitían os dirixentes da entidade.
“Volvo un pouco máis madura na pista e fóra; foi un ano moi bo. Xoguei todos os partidos, excepto cando tiven a lesión de xeonllo, participando con moitos minutos. Espero que siga sendo así, seguir mellorando e axudar o equipo en todo que sexa posible” así se definía a “nova” Paula, contando as horas para o inminente comezo de pretempada e pensando nos primeiros compromisos: “Estou desexando empezar xa, con moitas ganas e dalo todo de min. Tiven a oportunidade de disputar minutos na primeira Supercopa que disputou o equipo pero o ano pasado xa non estaba”.
Paula, que viviu con “envexa sa” o dobrete burelista 2015-16, xa pensa con emoción en volver pisar o Vista Alegre de laranxa: “Co Rioja non puiden xogar aquí –pola lesión- o ano pasado e deume moita pena. Estou desexando vivir de novo o ambiente de Vista Alegre, coa afección e poder darlle as máximas alegrías posibles” concluía a cervense asegurando que “imos dar todo o que estea nos nosos pés para facelo o mellor posible”.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
