Aínda que xa chegou Agosto cheo de veraneantes, festas de todo tipo e comiolas ata reverter, podemos facer un símil de paisanos a paisanos. Paseabamos gozosamente polo noso pequeno paraíso do casi benestar entre o verdor primaveral, a choiva e os longos atardeceres, ata que de súpeto, apareceu no horizonte un exército de homes vestidos de mouro, e non eran curas, augurando todo tipo de males vindeiros. Tan asustados estabamos que nos deixamos coller e meter no saco daqueles sicarios enviados por especuladores, financeiros e piratas versión século XXI. ¡Adeus paraíso!
De súpeto botáronnos un xarro de auga fría con sal que nos revolveu ata as entrañas. Un baño ben vixiado, outro e outro ata baleirar a nosa casiña do confortable mollo envolvente e deixarnos feitos unos trapos resecos, fracos e confusos, sen comprender o noso herro. Pero o proceso continuou. Nun pucheiro mergulláronnos en auga fría que foron quentando lentamente, é como din que hai que cocer a carne de porco e o caldo, para que se queden blanda e fácil de papar.
Agora, xa ben limpitos de aforros en preferentes, pensións, axudas á dependencia, medicamentos, becas, salarios, etc., e ben estruxados a base de desmesurados impostos en todo o que nos rodea, de facernos pagar, e moito, por circular en autopistas, por casarnos, por morrernos, por entrar nas igrexas, polos medicamentos, polos libros de texto, polos comedores escolares, polas residencias de maiores, por vivir simplemente, xa nos están guisando para que uns poucos se dean o festín a base de xeneroso menú cociñado coas viandas logradas en tantos anos de duro traballo durante moitas xeracións.
Nada é por casualidade dice o cantante. Piden cárcere para a pianista que de nena practicaba a súa lección, para profesores que pacíficamente protestaron nun pregón de festas, multan con 100 euros a un ciclista por comerse un croissant e non pode recorrer ao Contencioso porque lle custa 150 eurazos a taxa, os sindicatos policiais denuncian que se lles obriga a multar, as cidades énchense de trampas, a voracidad das administracións é insultante, os bispos queren esclavizar ás mulleres, os grandes delincuentes son ensalzados e no desastre do Prestige nin no do tren non hai autoridades responsables, nin no de Santiago. A cabeza do porco , coa lingua fóra, o ollo ao revés e ben cocidos.
Otero Regal.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



