Cervo, 24 de agosto de 2016. 542 rapaces participaron no programa Noites Alternativas que desenvolveu o Concello de Cervo durante este verán e do que fixeron balance o alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto. As actividades que contaron con máis participantes foron o fútbol 3×3 e o baloncesto 3×3.
O rexedor municipal manifestou que “desde o Concello de Cervo temos que facer a valoración do resultado das Noites Alternativas que outro ano máis tivo lugar no noso concello. A verdade é que, ao igual que estes anos pasados, a valoración que facemos é moi positiva de todas estas xornadas de Noites Alternativas, onde houbo diversas actividades lúdico-deportivas que se levaron adiante nestes meses de xullo e agosto. Foron un total de 542 as persoas que participaron nestas xornadas que tiveron lugar tanto en San Cibrao como en Cervo entre o 11 de xullo e o 18 de agosto”.
Alfonso Villares explicou que “as actividades que se organizaron foron desde o patín, a orientación, os xogos populares, o volei praia, o fútbol praia, o fútbol 3×3, o baloncesto 3×3 e o pádel. De todas estas actividades as que tiveron máis repercusión, sen dúbida ningunha, foron o fútbol 3×3, con 178 participantes; o baloncesto 3×3, con 122 participantes; e o fútbol praia tivo un total de 112 participantes”.
E o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, salientou que “todas estas actividades foron gratuítas tanto para os rapaces do concello como para todos aqueles que se quixeron achegar ao noso municipio para gozar delas. Tiveron o escenario tanto en San Cibrao como en Cervo, na praia de O Torno, na praza dos Campos e nas pistas de pádel que temos situadas no complexo deportivo de A Veiga”.
José Ramón Soto engadiu que “como en anos anteriores esta valoración que nós facemos destas xornadas é moi positiva tanto en participación como pola diversidade das mesmas e anímanos a seguir traballando no mesmo sentido. Ademais hai que destacar que non houbo ningún tipo de incidencia negativa. Quedamos todos con ese bo sabor de boca de facer unha actividade que nos serve no verán para ter entretidos estas noites aos nosos rapaces, sobre todo con deportes. Ver que a resposta foi tan boa como foi anímanos a seguir traballando e tamén a valorar e incrementar, se cabe, as actividades para o ano que ven”.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



