Cervo, 29 de agosto de 2016. O Concello de Cervo, xunto coa Fundación MAPFRE e en colaboración coa Empresa Pública de Emerxencias Sanitarias (EPES), realiza unhas xornadas de prevención de afogamentos e outros riscos no entorno acuático este luns e martes, na praia do Torno. Esta mañá participaron, facendo prácticas de reanimación cardiopulmonar, o alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto.
O edil de Seguridade Cidadá explicou que “as actividades teñen lugar na praia do Torno, de San Ciprián, hoxe e mañá en horarios de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00. As xornadas son totalmente gratuítas e poderán asistir todas aquelas persoas que o desexen, anotándose no propia praia do Torno nas datas e horas sinaladas. O principal obxectivo é trasladar á sociedade as pautas de prevención para evitar accidentes no entorno acuático; e en caso de producirse ensinar uns conceptos básicos esenciais para actuar ante unha situación de emerxencia, xa que o afogamento é unha das 10 causas principais de falecemento en nenos e mozos, tendo unha estimación de 370.000 mortes ó ano no mundo e 450 persoas en España durante o 2015 por este motivo. Por todo isto o Concello de Cervo quere aportar o seu apoio a esta campaña que se está a levar a cabo por todo o territorio nacional, sobre todo naqueles concellos que dispoñen de praias con bandeira azul, como é o caso do noso municipio”.
José Ramón Soto especificou que “as xornadas consisten en tres accións paralelas, as cales podemos resumir do seguinte xeito: hai unha carpa central na que se imparten charlas por persoal do Grupo de Investigación de Actividades Acuáticas e Socorrismo; están destinadas a dar consellos básicos de prevención de afogamentos e poderán asistir todo tipo de persoas. Tamén hai outras dúas carpas, unha delas está destinada a nenos entre 3 e 12 anos, que terán que debuxar un consello de prevención sobre unha camiseta, a cal poderán levar gratuitamente. A outra carpa vai destinada a adultos e impártense nocións básicas de actuación para facer a reanimación cardiopulmonar, onde se lles dá unha mini guía de actuación en caso de emerxencia e un detalle pola súa participación”.
Soto rematou comentando que “o Concello de Cervo considera moi importante esta actividade preventiva, xa que para este equipo de goberno a seguridade dos nosos veciños e visitantes é unha prioridade; e por iso lle damos moita importancia a esta campaña de sensibilización da poboación. E tendo en conta os datos que indican que moitas persoas infravaloramos os riscos relacionados coa auga e descoñecemos que este tipo de incidentes son máis frecuentes e graves do que pensamos, por iso dende o Concello promovemos esta actividade para intentar chegar a toda a sociedade, sen exclusión de ningún grupo de idade. E adiantámonos a recomendar unhas medidas básicas, como son bañarse sempre acompañado, non aloxarse da beira en espazos acuáticos naturais, mollarse suavemente antes de entrar na auga, evitar as comidas abundantes antes do baño, non bañarse se se sente moito frío ou cansazo e, sobre todo, se alguén ve xente en perigo debe chamar ó número de emerxencias, que é o 112”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



