A Mariña, 30 de agosto de 2016. BNG – NÓS CANDIDATURA GALEGA presentou publicamente as persoas da comarca da Mariña que fan parte da candidatura pola circunscrición de Lugo para as eleccións galegas do 25 de setembro. Na presentación, fronte á Ría de Viveiro, participaron ademais da cabeza de lista, Olalla Rodil, Montse Porteiro, número tres da candidatura, Xosé Manuel Peña, número catro, Roberto Bouza, número oito, Andrea Martíns, número trece, e Seve Salgueiro, segundo suplente.
BNG –NÓS CANDIDATURA GALEGA encara estas eleccións como unha oportunidade para mudar as políticas aplicadas polo Partido Popular nestes sete anos que deixaron Galiza nun declive económico e social moito peor ao de fai sete anos cando Feijóo accedeu ao goberno.
Os datos son evidentes: un 20% menos de emprego industrial, desmantelamento de sectores produtivos clave como a pesca, o sector agro-gandeiro e forestal, o investimento en I+D+I na cola de Europa e como consecuencia a fuga de cerebros fora do país. Un país mais empobrecido, desigual e inxusto, con 93.000 afiliacións menos á seguridade que en 2009, cun 95% dos contratos laborais temporais e con salarios que non permiten saír da pobreza. Mais de 700.000 persoas están en risco de exclusión social, no territorio galego con excedentes na produción enerxética, hai un 15% de familias en situación de pobreza enerxética e a emigración é hoxe unha realidade incontestábel con mais de 100.000 mozas e mozos buscando oportunidades fóra despois de terse formado aquí. Reducións orzamentarias e privatizacións masivas na sanidade e demais servizos públicos agravan a situación de moitas familias para resistir o impacto da crise económica.
Na comarca da Mariña a situación non é mellor, ao contrario: peches masivos e reducións de cadros de persoal en empresas históricas da comarca como Cerámicas de Sargadelos, Muebles Hermida, Gres Burela, ECAR en Mondoñedo, Conservas Alonso, etc. Os sectores pesqueiro, e agro-gandeiro resisten como poden as embestidas da UE mentres os gobernos galego e español están ausentes ou non fan valer a dependencia de Galiza de determinados sectores produtivos.
Feijóo e o seu goberno amais de non aplicar medidas de apoio a empresas e cadros de persoal despedidos, malgastaron recursos públicos ofrecendo axudas de millóns de euros a empresas que despois de recibilas presentaron EREs de extinción, hai algún exemplo vergoñento de saqueo á arcas públicas.
Con todo, desde BNG – NÓS cremos que hai alternativas a esta desfeita. A alternativa do nacionalismo galego pivota sobre 10 eixos de actuación prioritarios:
1.- Por o país a producir cun plan de reindustrialización: É necesario aproveitar o potencial enerxético galego cunha tarifa galega que axude a empresas e familias. Incrementar o gasto en I+D+I enfocado naqueles sectores onde Galiza ten potencial específico diferenciado. Creación da Banca Pública Galega que sirva para orientar o aforro galego e destinalo a financiar actividade económica. Recuperación do Banco de Terras para incrementar as superficie produtiva.
2.- Un novo modelo de financiamento: propio, solidario e xusto. Negociación dun novo modelo de financiamento co Estado. Novo sistema fiscal mais progresivo e xusto. Creación dunha Axencia Galega contra o fraude fiscal.
3.- Mais e mellores servizos públicos: Servizo Galgo de Benestar, mellora na Sanidade Pública, ensino público galego e de calidade, converter o dereito a vivenda unha realidade.
4.- Galiza é un bo país para traballar: creación dun marco galego de relacións laborais. Plan retorna con medidas sectoriais e transversais para favorecer a volta da emigración forzada da mocidade.
5.- Unha Galiza orgullosa de si propia: apoiando a creatividade e o orgullo da cultura e lingua propia.
6.- Democratización e dereitos civís.
7.- Outro modelo de infraestruturas e de planificación do territorio.
8.- Defensa do medio natural e do patrimonio cultural.
9.- Un novo espazo galgo de comunicación.
10.- decidir nós sobre o noso.
Estas 10 medidas están desenvoltas con mais detalle na web http://www.bng.gal/



















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



